O BNG insiste na solicitude de control do tráfico na rúa do Sol
Lucía Santos solicita por enésima vez ao goberno municipal tomar medidas urxentes para o control de tráfico na rúa do Sol e garantir a seguridade peonil.
Nos últimos anos, foron múltiples as veces que o BNG solicitou ao goberno municipal tomar medidas urxentes para o control de tráfico na rúa do Sol e garantir a seguridade peonil.
Na última comisión informativa de seguridade e mobilidade celebrada o pasado 6 de xuño, a voceira do BNG, Lucía Santos, trasladou por enésima vez o problema de tráfico descontrolado que padece a rúa do Sol, aínda sendo ésta unha rúa de uso peonil.
Lucía Santos manifesta que tanto os comerciantes como a veciñanza desta rúa continúan a trasladarnos problemas de seguridade polo paso contínuo de vehículos, en moitas ocasións a gran velocidade, así como o uso indebido da rúa como zona de aparcamento.
Santos indica que temos como exemplo de inseguridade o ocorrido coa estatua dos Danzantes, que tras ser destrozada en varias ocasións por coches, o goberno municipal optou por rodeala de pivotes en vez de tomar medidas de control de tráfico.
Por iso, o BNG insta ao goberno municipal a exercer a súa función e tomar medidas de control no paso de vehículos na rúa do Sol e propón estudar a viabilidade de aplicar un horario de carga e descarga para o servizo de comercios situados na zona, medida que se vén utilizando e múltiples vilas e cidades nos cascos antigos.
Por outra banda, a voceira do BNG propón a instalación de lectores de matrículas para permitir o paso de vehículos permitidos e sancionar o paso dos vehículos que non teñen acceso.