O BNG denuncia a incompetencia do PP na xestión do local do paseo Alcalde Blanco

undefined
Lucía Santos, candidata á alcaldía de Marín

Lucía Santos indica que “aínda que o local continúa baleiro e sen ningún tipo de servizo, o Concello de Marín debe pagar á Autoridade Portuaria unha cuantía de máis de 3.000 euros polas tasas do espazo.”

A voceira do BNG califica como “chapuceira a xestión do goberno do PP para levar a cabo os seus propios proxectos, e pide que o PP actúe con máis rigor e seriedade na xestión dos cartos públicos.”

O BNG denuncia a incompetencia do PP na xestión do local do paseo Alcalde Blanco

O pasado mes de xullo do 2022 inaugurouse a remodelación do Paseo Alcalde Blanco, que levaba rematada dende principios de ano. Durante os nove meses que transcorreron dende a súa inauguración, o BNG trasladou en varias ocasións o mal estado da nova infraestrutura, como as zonas de madeira ou o pavimento de caucho da zona de xogos de auga.

A candidata á alcaldía do BNG, Lucía Santos, manifesta que “non é normal investir máis dun millón de euros na remodelación dun espazo e tan só uns meses despois presente semellante estado de deterioro.”

Por outra banda, o novo local construído na punta do Paseo, destinado a servizo de bar-restaurante, continúa sen utilización. Durante estes meses, Lucía Santos preguntou en múltiples Comisións Informativas de Urbanismo pola licitación para a concesión do local hostaleiro, ao que o concelleiro delegado, Manuel Santos Costa, sempre respostaba estar preparando os pliegos para a súa licitación.

A voceira do BNG indica que “se sorprendente foi a demora para a elaboración do pliegos de licitación, máis sorprendente aínda resultou a anulación dos mesmos un mes despois da súa publicación, por erros xurídicos.”

Lucía Santos indica que “aínda que o local continúa baleiro e sen ningún tipo de servizo, o Concello de Marín debe pagar á Autoridade Portuaria unha cuantía duns 1.000 euros anuais polas tasas do espazo, xa que está construido en terreos cedidos polo Porto.” Estas facturas van dende o ano 2020 no que deron comezo as obras, até o presente o que supón unha cuantía de máis de 3.000 euros.

A voceira do BNG califica como “chapuceira a xestión do goberno do PP para levar a cabo os seus propios proxectos, e pide que o PP actúe con máis rigor e seriedade na xestión dos cartos públicos e na vez de malgastar os recursos da veciñanza, sexan aproveitados para actuacións como o Marín Vivo ou a adhesión ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.”

O BNG denuncia a incompetencia do PP na xestión do local do paseo Alcalde Blanco