Novo Boletín do BNG de Marín

Boletín Febreiro 2020
Boletín Febreiro 2020

O BNG de Marín ven de editar 10.000 boletíns informativos de precampaña

Novo Boletín do BNG de Marín

O BNG de Marín afronta a convocatoria das próximas eleccións autonómicas coas pilas cargadas e coa organización preparada para enfrontar este reto. Acollemos con ilusión esta convocatoria, que vai ser a convocatoria do cambio político en Galiza para dar paso a un novo goberno que responda ás necesidades do pobo galego.

No BNG de Marín levamos tempo traballando na planificación da campaña electoral, e temos moi avanzadas as cuestións técnicas principais, como o calendario de actos públicos, e as liñas políticas fundamentais que van enfocar o noso discurso.

O BNG presentase co aval de ser unha organización solvente e sen ataduras para defender os intereses de Galiza, e cunhas expectativas de crecemento importantes.

Nesta precampaña na que xa estamos inmersos, imos lanzar un novo boletín informativo para dar a coñecer ao pobo de Marín o contido do acordo de investidura asinado polo BNG. Acordo que entendemos supón un compromiso con cuestións fundamentais para Galiza, e que remata con dez anos de bloqueo do goberno de Feixóo. Dez anos sen novas transferencias e cun país en declive económico e demográfico.

Este acordo supón, entre outras cuestións, a bonificación do 100% das peaxes na AP9 para particulares e profesionais, a gratuidade do tramo Vigo-Redondela, mellora da rede ferroviaria galega, apoio á nosa língua, unhas rías galegas limpas e sen contaminación, o recoñecemento de Galiza e aactivación das transferenciaspendentes.

Neste boletín tamén falamos da proclamación de Ana Pontón como candidata á Xunta de Galiza e damos conta da nosa actividade política no concello.

En breve comezaremos o reparto deste boletín que pretendemos que chegue á totalidade dos domicilios do noso concello.

Podes consultalo aquí: https://es.calameo.com/read/0029360873542fb278baf

 

Novo Boletín do BNG de Marín