Marín homenaxeará a Isabel Carragal “Yipsa” neste 25 de novembro, a proposta do BNG

índice

A proposta do BNG o Concello de Marín homenaxeará á finada de Isabel Carragal “Yipsa” no Día da Violencia de Xénero. O Consello Municipal da Muller aprobou a resolución co apoio da unanimidade das presentes.

Marín homenaxeará a Isabel Carragal “Yipsa” neste 25 de novembro, a proposta do BNG

Que significa este recoñecemento?, Unha homenaxe a título póstumo?. Para o BNG é unha chamada de atención pola falla de resposta e solucións políticas perante os problemas que temos as mulleres, neste caso as consecuencias dunha enfermidade como o cancro de mama, inherente á muller, que ano tras ano leva moitas vidas.

Mais tamén violencia de xénero foi o que sufriu Isabel por parte dos poderes públicos, que padecendo metástase foi obrigada a traballar por non recoñecerlle en varias ocasións a Incapacidade Laboral Absoluta.

A Yipsa non lle chegou con loitar contra a o mal da súa enfermidade senón tamén co sufrimento persoal perante a inxustiza social de verse coa obriga de traballar para sacar a súa familia, aos seus fillos, cara adiante nun dos momentos máis duros e negros da súa vida.

Este caso forma parte da outra violencia de xénero, a dunha enfermidade que sufrimos as mulleres engadido á falla dunha política social que ten como orixe os continuos recortes sociais que nos últimos anos nos teñen sometidos os distintos gobernos estatais.

Por este motivo desde o BNG propuxemos a esta muller aos premios “Lazo Violeta”, para denunciar a violencia institucional que en ocasións, como o de Yipsa, padecemos as mulleres.

Lucía Santos Omil, Portavoz Municipal do BNG en Marín

Marín homenaxeará a Isabel Carragal “Yipsa” neste 25 de novembro, a proposta do BNG