O BNG de Marín inicia xuntanzas de traballo con diferentes concellos BNG

IMG20230131180915

Lucía Santos indica que “hai un ano iniciamos a campaña Pensar Marín para consultar coa sociedade marinense o proxecto de futuro para a nosa vila.”

A portavoz do BNG di que “comezamos unha nova fase na que estamos mantendo xuntanzas de traballo con concellos gobernados polo BNG, concellos que hoxe en día son un referente en todo o país como é o caso de Moaña.”

O BNG de Marín inicia xuntanzas de traballo con diferentes concellos BNG

O BNG de Marín inicia unha rolda de contactos con concellos gobernados polo BNG, para tratar puntos en común e coñecer propostas que poidan ser levadas a cabo no noso concello.

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, acompañada de Tino Iglesias e Esther Crespo, membros da candidatura para as vindeiras eleccións de maio, comezaron a rolda de contactos cunha visita ao concello veciño de Moaña renuníndose coa súa alcaldesa, Leticia Santos, e o concelleiro delegado de urbanismo e medio ambiente, Odilo Barreiro.

Lucía Santos manifesta que “no BNG tomámonos en serio o traballo para desenrolar as propostas que queremos ofrecer para Marín, e nas que levamos moito tempo traballando.” Santos indica que “hai un ano, iniciamos a campaña Pensar Marín, para consultar coa sociedade marinense o proxecto de futuro que se desexa para a nosa vila.”

Para dar continuidade a este traballo, a voceira do BNG di que “comezamos unha nova fase na que estamos mantendo xuntanzas de traballo con concellos gobernados polo BNG, concellos que hoxe en día son un referente en todo o país como é o caso de Moaña.”

Neste encontro, analizáronse liñas de traballo que o goberno de Moaña leva desenrolando con éxito, como é a creación dos consellos veciñais, unha ferramenta creada para dar voz á veciñanza de todos os barrios e parroquias da localidade, creando unha sinerxia de traballo entre as asociacións veciñais e o goberno municipal.

Outra das iniciativas que son un exemplo de transformación, é a creación de mesas sectoriais nas que se deciden en conxunto coa veciñanza os proxectos a desenrolar.

Lucía Santos califica a xornada como “moi produtiva xa que cómpre coñecer e aprender iniciativas enfocadas a traballar con transparecia e colaboración coa veciñanza, e coñecer de primeira man as diferentes necesidades dos colectivos do noso concello.”

O BNG de Marín inicia xuntanzas de traballo con diferentes concellos BNG