Declaración con motivo do afundimento do Villa de Pitanxo
Lucía Santos expresa “o máis fondo afecto e solidariedade do BNG aos supervivintes, así como ás familias e amizades da tripulación do pesqueiro Villa de Pitanxo con base en Marín, afundido en augas de Terranova, ante os duros momentos que están a vivir.”
A Portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, expresa “o máis fondo afecto e solidariedade do BNG de Marín aos supervivintes, así como ás familias e amizades da tripulación do pesqueiro Villa de Pitanxo con base en Marín, afundido en augas de Terranova, ante os duros momentos que están a vivir.”
Lucía Santos afirma que “hoxe é un día triste no que o pobo galego, aínda conmocionado pola traxedia do Villa de Pitanxo, chora a morte de dez mariñeiros e espera con ansiedade novas dos once desaparecidos.”
En Galiza temos un forte vínculo co sector da pesca e marisqueo polo que coñecemos ben a dura vida no mar. Marín e a comarca do Morrazo, terra de mariñeiros, vive con pesar este feito desgraciado que afectou a tres veciños naturais de Marín, tres de Cangas, un de Bueu e un de Moaña, ademais dos mariñeiros de Ghana e o Perú, a maioría dos cales formaban parte tamén da veciñanza do Morrazo, especialmente de Marín, polo que desde o BNG enviamos unha fonda aperta ás súas familias e amizades que viven con incertidume estes difíciles momentos lonxe da súa terra.
Aperta inmensa!