O BNG solicita melloras no servizo de internet no rural
A portavoz do BNG de Marín Lucía Santos, trasladou a comisión informativa de medio rural celebrada o xoves, a problemática que leva padecendo a veciñanza nas parroquias do rural coa mala conexión ao servizo de internet.
A portavoz do BNG de Marín Lucía Santos, trasladou a comisión informativa de medio rural celebrada o xoves, a problemática que leva padecendo a veciñanza nas parroquias do rural coa mala conexión ao servizo de internet. Esta situación é unha vella demanda que se veu agravada no confinamento, xa que este medio é unha canle imprescindíbel tanto para comunicación das persoas como para os estudos para a rapazada .
Dende o BNG propuxemos ao goberno municipal que esixa mediante un escrito ás compañías de internet a mellora deste servizo asegurando unha conexión óptima. Non se pode permitir que estas empresas continúen con este abuso cobrando as tarifas e non investir en medios para dotar as vivendas das parroquias de medios necesarios para asegurar un servizo de calidade.