O BNG solicita engadir información de locais de aloxamento na Plataforma Marín en Rede

IMG-20230315-WA0016
Lucía Santos, portavoz do BNG de Marín

Lucía Santos sinala que “esta plataforma debería servir como unha ferramenta de impulso do sector turístico de Marín."

O BNG solicita engadir información de locais de aloxamento na Plataforma Marín en Rede

O Concello de Marín creou no ano 2020 a plataforma dixital Marín en Rede para apoiar a dinamización e reactivación do comercio e hostalaría local, debido a crise económica causada pola COVID-19.

Para a posta en marcha desta plataforma, na que se prevía unha serie de actuacións como a creación da páxina web, campañas de visibilización do comercio local ou campañas nas redes sociais de apoio aos establecementos adheridos a esta rede. O obxetivo era a consolidación desta ferramenta dixital como dinamización da economía local, mais a plataforma tan só estivo un ano en funcionamento.

Por isto, en xuño do 2022 a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, solicitou ao goberno municipal a reactivación da plataforma dixital para continuar coa visibilización e apoio do comercio local.

No pasado mes de decembro, o goberno municipal voltou reactivar a plataforma Marín en Rede, creando novos contidos con vídeos promocionais de diferentes comercios da localidade.

Mais Lucía Santos, solicitou no pasado pleno municipal celebrado o 9 de marzo, “a dotación de maior información na plataforma dixital de locais destinados a aloxamento.”

A voceira do BNG sinala que “esta plataforma debería servir como unha ferramenta de impulso do sector turístico de Marín, polo que é preciso traballar máis sobre ela e amosar a maior información que poida servir de interese turístico.”

Na actualidade Marín tan só conta cun hotel, pero no noso concello están rexistradas máis de cen vivendas turísticas e casas rurais, que se poden divulgar para promover e potenciar o turismo sostíbel na localidade e así fomentar a economía circular.

O BNG solicita engadir información de locais de aloxamento na Plataforma Marín en Rede