O BNG reúnese coas ANPAS de Marín
O BNG de Marín mantivo un encontro co deputado no Parlamento Galego Paulo Ríos e a portavoz municipal Lucía Santos, e as ANPAS da localidade.
O BNG defende ante todo, un inicio de curso escolar presencial e seguro, cos investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar.
O BNG de Marín mantivo un encontro co deputado no Parlamento Galego Paulo Ríos e a portavoz municipal Lucía Santos, e as ANPAS da localidade.
Ao encontro asistiron representantes das ANPAS dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria na que o deputado Paulo Ríos deu conta das acción desenvolvidas polo grupo parlamentar ao respecto da incertidume que se presenta ante o inicio do curso escolar e a falla de directrices serias por parte da Xunta de Galiza.
O BNG defende ante todo, un inicio de curso escolar presencial e seguro, cos investimentos precisos que garantan a máxima seguridade da poboación escolar, xa que non existen recursos para levar a cabo un ensino de calidade telemáticamente.
O BNG lamenta que a Xunta non aproveitara estes últimos 5 meses para dotar das ferramentas e mecanismos axeitados para ensino telemático e que non se traballara na elaboración dun protocolo que garanta a seguridade tanto do alumnado como do profesorado e que para dito protocolo non se tivera en conta a comunidade educativa (ANPAS, profesorado e estudantado).
Tamén lamentaron que a consellería de educación trasladase a responsabilidade a concellos, direccións e ANPAS. Neste último caso na organización de comedores, Plan Madruga ou actividades extraescolares.
Pola súa parte as ANPAS trasladaron a súa enorme preocupación que lles crea o protocolo da Xunta e o inminente inicio do curso escolar.
Xenera especial inquedanza a organización do novo curso despois do vivido durante o confinamento. As familias non comparten a visión dun ensino estático para o alumnado que significa un retroceso nos métodos de ensino volvendo ao pasado.
As familias reclaman un maior reforzo na limpeza dos centros educativos e nas zonas de uso común e nos servizos de conserxería e apoio ao persoal docente.
Solicitan unha persoa de enfermería para cada centro escolar para garantir a seguridade protocolaria.
As ANPAS tamén trasladaron a preocupación para levar a cabo a conciliación familiar no caso de ter que facer cuarentena e as dúbidas de cómo se levaría a volta a clase escalonada .
Asímesmo botan en falta medidas que garantan apoio necesario ao alumnado que precisa necesidades especiais, xa que os centros contarán con menos profersorado polo que empeoraría a situación e non se pode garantir un ensino de calidade para o alumnado que precisa apoio con necesidades especiais.
Dende o BNG mostrouse o apoio ás ANPAS comprometéndose a trasladar as solicitudes ao Parlamento Galego e traballar coas ANPAS e comunidade educativa en busca das melloras necesarias que garantan un ensino presencial seguro e de calidade.