O BNG pide solucións para a mellora dos servizos do Centro de Saúde de Marín

undefined
Celia García, concelleira do BNG de Marín

Celia García afirma que “a prioridade dunha administración para co seu pobo pasa por uns servizos de calidade dignos, como a sanidade pública e de calidade”, e engade que “esta problemática está a afectar periodicamente á cidadanía marinense sen que o Goberno Local faga presión á Xunta de Galicia na busca de melloras na sanidade de Marín.”

O BNG pide solucións para a mellora dos servizos do Centro de Saúde de Marín

Nesta pasada semana, o BNG de Marín trasladou a problemática que se está a vivir no Centro de Saúde de Marín coa falta de médicos e de atención á cidadanía nas urxencias, que se vían desbordados unha vez máis e que isto provocaría unha longa espera para moitas das persoas que se achegaban con doenzas.

A concelleira do BNG, Celia García, lembra que “ao longo destes anos, non foron escasas as concentracións e manifestacións ás que se sumaban un gran número de marinenses demandando unha sanidade pública e de calidade, onde os postos médicos non queden ao descuberto. Mais semella que a atención do Goberno Local non está enfocada nunha das peticións máis importantes da nosa veciñanza.”

No pleno do pasado xoves, día 10 de agosto, consultouse á Alcaldía, como tamén se fixera con anterioridade á Delegada da Comisión de Medio Ambiente, Benestar Social, Cultura e Igualdade, por esta situación. A concelleira Celia García consultou “se tiñan coñecemento da situación no Centro de Saúde de Marín, onde as listas de agarda xa alcanzan os 15 días e as esperas en urxencias fanse eternas”, sumado á cuestión “queriamos saber se o Goberno municipal entrou en contacto coa Xunta para facerlle saber desta situación pola que está a pasar a sanidade dunha poboación de case 25.000 habitantes.”

A resposta na Comisión foi a sorpresa polos feitos acontecidos, dado que non tiñan constancia da falta de médicos no Centro, mentres que a Alcaldía defendía que o ocorrido era por baixas e vacacións, o cal, dende a nosa perspectiva, non pode ser a escusa de que o Centro de Saúde de Marín quede baixo mínimos.

Celia García afirma que “a prioridade dunha administración para co seu pobo pasa por uns servizos de calidade dignos, como a sanidade pública e de calidade”, e engade que “esta problemática está a afectar periodicamente á cidadanía marinense sen que o Goberno Local faga presión á Xunta de Galicia na busca de melloras na sanidade de Marín.”

A concelleira do BNG manifesta que “a sanidade pública, digna e de calidade é para o Bloque Nacionalista Galego unha principal prioridade, porque a nosa veciñanza merece unha atención médica inmediata e iso só pasa pola demanda do Concello a aqueles que teñen a capacidade de reaccionar.”

O BNG pide solucións para a mellora dos servizos do Centro de Saúde de Marín