O BNG esixe responsabilidades políticas ao goberno municipal pola sentenza de Urbaser

Lucia Santos, foto muy buena para noticias.jpg
Lucía Santos (Portavoz Municipal do BNG)

O Concello de Marín terá que facer fronte a unha débeda de 2.352.339,96 €, como consecuencia dunha nefasta negociación coa empresa adxudicataria da recollida do lixo.

O goberno municipal subirá impostos como o IBI (13%) e o IAE para afrontar a débeda.

Segundo Lucía Santos (Portavoz Muncipal do BNG) "non debe ser a veciñanza nin as empresas nin o comercio quen teña que asumir unha pésima xestión" e demanda a dimisión inmediata do concelleiro de Facenda Manuel Santos.

O BNG esixe responsabilidades políticas ao goberno municipal pola sentenza de Urbaser

Desde o BNG queremos manifestar o noso malestar polo pago dunha débeda a URBASER tras sentenza xudicial firme que consideramos ten toda a responsabilidade a actual equipa de goberno.

María Ramallo, e o Goberno Municipal que dirixe, xestionou mal as negociacións coa empresa adxudicataria da recollida de lixo entre os períodos 2011 e 2019, se ben é certo que no período 2008-2010 (durante o goberno bipartito) a razón de non facer efectiva a débeda foi por causas da propia empresa como se demostrou por sentenza xudicial. Todas as sentenzas posteriores, xa no goberno do PP deron a razón a empresa, sen que por outro lado o Goberno de María Ramallo previse en ningún momento un montante económico reservado para facer efectiva a débeda tras sentenzas.

Quen vai pagar o “pato” deste problema? A veciñanza mais o tecido empresarial e comercial. Por un lado súbennos o IBI e o IAE, por outro lado vaise favorecer licitacións á baixa o que vai empobrecer o servizo e os soldos da clase traballadora. Mentres, non se asume ningún tipo de responsabilidade política.

Desde o BNG solicitamos que o Plan de Axuste a realizar polo concello de Marín, necesario para ceder ao crédito público referente ao Fondo de Financiación de Entidades Locais, o pague o propio equipo municipal do seu propio peto renunciando as súas liberacións, pois aquí nadie asume ningún tipo de responsabilidade política ao respecto, sendo a máxima a de María Ramallo e seguíndolle os dos seus propios concelleiros de Facenda Manuel Santos e de Medio Ambiente Marian Sanmartín.

No BNG entendemos que non debe ser a veciñanza nin as empresas nin o comercio quen teña que asumir unha pésima xestión, senón que ten que saír do salario das liberacións dos concelleiros e da propia alcaldesa.

Marín vai a menos e aínda por riba a pandemia non favorece o desenvolvemento e potenciación do noso tecido produtivo.

CONSECUENCIAS:

1. Aumento do Imposto de Bens Inmóbeis (IBI): “incrementando o tipo actual do 0,85 % ao tipo do 0,96” % (un 13% de suba)

2. Aumento do Imposto de Actividades Económicas (IAE): “modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto regulando as categorías das rúas e o coeficiente de situación, prevendo entre outras, que para as empresas ubicadas na zona portuaria de Marín se fixe un coeficiente de situación de 2,05 de conformidade”.

A día de hoxe temos sen aprobar o Orzamento Municipal do Concello de Marín do 2020, que tivo que ser votado polo Pleno Municipal antes do 31 de decembro do 2019.

Isto máis esta débeda que ten que executar o concello forma parte da incompetencia do actual Concelleiro de Facenda Manuel Santos, que perante a falla de previsión e a inacción perante as súas funcións demandamos a súa dimisión inmediata e a depuración de responsabilidades políticas da que forman parte a alcaldesa María Ramallo e a concelleira de Medio Ambiente Marian Sanmartín.

O BNG esixe responsabilidades políticas ao goberno municipal pola sentenza de Urbaser