O BNG pedirá explicacións polo estado de suciedade da alameda este domingo
Lucía Santos, Portavoz do BNG de Marín afirma que “lamentabelmente, isto non é a primeira vez que acontece. É inaceptábel que dende o goberno municipal non tomen medidas para evitar a suciedade que ofrece o centro da vila cada vez que se produce algún evento.”
A mañá deste pasado domingo, a veciñanza de Marín atopouse a alameda “Rosalía de Castro” nun estado lamentábel.
Debido ao acto que se levou a cabo na noite do pasado sábado, tanto a alameda como a parada de autobús e inmediacións estaban cheas de lixo esparcido polo chan, dando unha imaxe lamentábel do centro urbano e incluso resultando un perigo, xa que eran múltiples as botellas tiradas polo chan.
Lamentábelmente, isto non é a primeira vez que acontece. É inaceptábel que dende o goberno municipal non tomen medidas para evitar o estado de suciedade e abandono que ofrece o centro da vila cada vez que se produce algún evento na fin de semana. Os domingos, día de lecer no que a alameda é un punto de encontro, non pode aparecer esparcida de lixo, con papeleiras a rebosar e en moitas ocasións con mal cheiro da illa de contenedores polo lixo acumulado.
É por isto, que a portavoz municipal, Lucía Santos, pedirá explicacións á concelleira delegada de medio ambiente, Mariam Sanmartín, no vindeiro pleno municipal do xoves 11 de novembro. Non se pode consentir tremendo abandono de limpeza en ningún lugar do concello, pero especialmente nun lugar tan céntrico e concurrido pola veciñanza como é a alameda mostrando a imaxe de suciedade e abandono. É preciso tomar medidas e evitar que isto se volva a repetir.