O BNG lamenta a negativa do PP a abaratar o prezo do transporte

transporte

Lucía Santos lembra que “a veciñanza de Marín ten que pagar máis do dobre ao mes que a veciñanza de Pontevedra por desprazarse a Vigo, 62,50 euros contra 27,50 euros, que ve esta diferenza como un agravio comparativo. E o goberno do PP de María Ramallo non vai facer nada.”

Lucía Santos tamén solicitaba “instar ao goberno da Xunta a ampliar os beneficios da tarxeta Xente Nova para todas as persoas menores de 30 anos, que se atopen cursando estudos, en vez dos 21 anos estipulados na actualidade.”

O BNG lamenta a negativa do PP a abaratar o prezo do transporte

A corporación municipal debatiu, no Pleno municipal celebrado onte xoves, a moción presentada polo BNG solicitando ao goberno municipal instar á Xunta para que asuma as súas competencias en transporte e poña en marcha a Área de Transporte de Galiza para a bonificación do bono da liña de transporte Marín-Vigo. Moción que non saiu aprobada debido aos votos en contra do PP.

A Portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, lamenta que “o goberno do PP non apoie esta iniciativa que xurde das reclamacións que levan trasladado dende hai anos veciñas/os de Marín que se desprazan a Vigo con asiduidade, por motivos de traballo como é o caso de traballadores do SERGAS, estibadores do porto, ou por motivos de estudo como son os/as estudantes universitarios/as.”

Lucía Santos lembra que “a veciñanza de Marín ten que pagar máis do dobre ao mes que a veciñanza de Pontevedra por desprazarse a Vigo, 62,50 euros en Marín por 27,50 euros en Pontevedra, que ve esta diferenza como un agravio comparativo. E o goberno do PP de María Ramallo non vai facer nada.”

O Concello de Marín non formou parte da primeira fase do Transporte Metropolitano desenvolto pola Xunta de Galiza, o que serviría para disminuir a diferencia nos prezos dos bonos, e hai uns meses a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade anunciaba a posta en marcha dunha nova Área de Transporte de Galiza, creando novas liñas de conexión e aplicando tarifas únicas e mesmo prezo por quilómetro en toda Galiza.

“Mais o goberno municipal do PP de María Ramallo amosa un nulo interese por solicitar á Xunta a creación dun convenio para a liña de Marín a Vigo, que asuma as súas competencias e poña en marcha medidas de beneficio social que repercutan no benestar da nosa veciñanza”, afirma a Portavoz do BNG de Marín.

Ademais disto, Lucía Santos tamén solicitaba “instar ao goberno da Xunta a ampliar os beneficios da tarxeta Xente Nova para todas as persoas menores de 30 anos, que se atopen cursando estudos, en vez dos 21 anos estipulados na actualidade.” O concelleiro delegado da área de Mobilidade, o sr. Francisco Estévez Salazar, criticou esta proposta preguntando por que se solicitaba até os 30 anos e non outra idade, ao que a portavoz do BNG respostou que “a proposta do BNG vén para ampliar os beneficios desta tarxeta á mocidade.”

O BNG lamenta a negativa do PP a abaratar o prezo do transporte