O BNG apoia a Folga Xeral do 19 de xuño

images
Folga Xeral

O BNG presenta unha moción, para o seu debate no vindeiro Pleno, en apoio á Folga Xeral que a CIG ten convodada para o próximo 19 de xuño baixo o lema "Sumando Loitas. Sobran razóns. Pola Recuperación dos nosos Dereitos. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas."

O BNG apoia a Folga Xeral do 19 de xuño

A CONFEDERACIÓN INTERSINDICAL GALEGA ( C.I.G.) ten convocada Folga Xeral para o próximo 19 de Xuño, baixo o lema Sumando Loitas- Sobran razóns. Pola Recuperación dos nosos Direitos. Na Galiza, emprego, salarios e pensións dignas.

As decisións políticas adoptadas desde o inicio da crise económica teñense demonstrado un auténtico roubo e saqueo á clase traballadora e ao conxunto do pobo galego.

A recuperación económica da que se fai propaganda á diario non existe, é só para as persoas ricas, que aumentan a súa riqueza, á conta dun emprobrecemento xeral.

Medra o paro e baixa a poboación activa. A taxa de paro é do 15,08%, maior que no ano 2009.

Ter un traballo non permite vivir en condicións dignas. As pensións non garanten poder adquisitivo. As reformas do sistema público de pensións, do 2011 e 2013, fan que na Galiza teñamos as pensións máis baixas do Estado español.

A reforma laboral impón pobreza laboral, non hai creación de emprego, hai precariedade, contratos de traballo en condicións escravizantes, a tempo parcial e salarios miserentos que tan siquera chegan ao salario mínimo interprofisional.

Cada día son máis persoas no desemprego non perciben ningún tipo de ingresos. Non para a emigración de xente nova, deixando sen futuro á sociedade galega.

Medran os sectores sociais abandonados polas Administracións ante os recortes sociais e privatizacións dos servizos públicos, do ensino, sanidade, servizos socias, etc…

Criminalizan, reprimen, encadean a quen se mobiliza, quen exerce a liberdade de expresión, quen defende os dereitos da clase traballadora e quen loita polos dereitos das nacións que integramos o Estado español.

O Goberno de Feixó non toma iniciativas ante esta grave situación, sométese a estas políticas decididas en Madrid e Bruxelas, actuando só en favor dos Fondos de Inversión, que acumulan máis riqueza en menos mans, lonxe de Galiza.

O Goberno español do PP, en minoría parlamentar, cheo de corrupción e con total impunidade, reforza os recortes nos Orzamentos do Estado, mentres as teóricas forzas da esquerda española son incapaces de poñerse de acordo para botalos das institucións, e acabar con todas estas reformas laborais e sociais que tanto dano fan.

Non se pode agardar máis. Está en xogo evitar que as novas xeracións vivan en peores condicións que as anteriores

A folga xeral é a resposta necesaria da clase traballadora para demostrarlle ao poder económico e político a nosa disposición de loitar pola recuperación dos nosos dereitos e por un futuro digno.

Para esixir a derrogación das reformas laborais e da negociación colectiva. Debilitan á clase traballadora, precarizan o emprego, estabelecen novas formas de explotación laboral.

Para conseguir avances reais para as mulleres. A Folga do 8 Marzo debe traducirse no remate da fenda salarial, da temporalidade, do acoso sexual e laboral, das discriminacións por maternidade… A sentenza da Audiencia de Navarra confirma que a violencia patriarcal está instalada en todos os aparatos do Estado.

Para defender as pensións públicas. O PP non pode desoír o clamor social de pensións dignas. É a mellor defensa ante a próxima reforma do Pacto de Toledo. As medidas anunciadas nos Orzamentos é un engano, se non se derrogan as reformas de 2011 e 2013,o roubo ás pensións seguirá.

Contra os abusos da patronal, reforzada con estas políticas antiobreiras, paralizada a negociación colectiva, atacan as nosas condicións laborais e salariais, impón convenios estatais que non satisfan as nosas reivindicacións de emprego e salarios dignos.

Para frear as duras políticas do PP contra os/as desempregados/as. O Goberno de Raxoi prepara un novo recorte ao sistema de protección por desemprego, unificando as prestacións asistenciais para reducir o tempo e as contías dos subsidios.

Para acabar cos recortes sociais e a privatización de servizos públicos, lograr a derrogación da LOMCE e da Lei de Saúde da Xunta de Feixoo. Para que o Ensino e a Sanidade sigan sendo galegas, públicas, universais, gratuítas e de calidade.

Para impedir o retroceso nas liberdades democráticas e nos dereitos fundamentais, da Lei Mordaza e da última reforma do Código Penal.

Pola rexeneración democrática fronte á corrupción actual, ante a crise política e institucional do réxime imposto coa Constitución do 78, que pretenden perpetuar a toda costa.

Por solidariedade e unidade da clase traballadora. Cómpre rachar a dupla realidade dentro da clase traballadora, de explotadas e sobre-explotadas. A precariedade e a pobreza laboral pódense facer imparábeis.

Para conquistar o dereito a vivir e traballar dignamente na Nosa Terra. Para que a riqueza dos nosos recursos se utilicen para industrializar, criar postos de traballo dignos e mellores servizos públicos. Para que a nosa emigración poida retornar.

Por todos estes motivos, o BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte

Acordo

Primeiro.- Manifestar o apoio da Corporación Municipal a estas reinvindicacións e animar á veciñanza do noso concello a apoiar esta Folga Xeral do 19 de Xuño de 2018

O BNG apoia a Folga Xeral do 19 de xuño