Asemblea Veciñal en Santomé
O BNG convoca este domingo 13 de maio unha Asemblea Veciñal en Santomé. Terá lugar na Casa da Cultura de Santomé ás 12:30h., e o asunto principal da mesma será falar das necesidades de Santomé.
O BNG convoca este domingo 13 de maio unha Asemblea Veciñal en Santomé. Terá lugar na Casa da Cultura de Santomé ás 12:30h., e o asunto principal da mesma será falar das necesidades de Santomé.
Esta é a terceira Asemblea Veciñal que convocamos, tras as celebradas en Seixo e Ardán o pasado mes de abril, e nas que o BNG está a percorrer as parroquias de Marín coa finalidade de escoitar as inquedanzas, demandas, queixas e propostas da veciñanza, así como informar do traballo feito pola nosa organización.
Deste xeito pretendemos manter un contacto permanente coa veciñanza, fomentar a participación ao tempo que profundizar na democracia.