Imprimir

Presentación Programa Electoral BNG

bngmarin.opennemas.com | 17 de maio de 2019

Onte xoves Lucía Santos, candidata á alcaldía, acompañada por Pedro Cortegoso, Jessica Souto e Xurxo Agra, presentou o programa electoral para as vindeiras eleccións municipais do 26 de maio.

O noso proxecto para un Marín do século XXI baséase en tres cuestións principais, como son Humanización Urbanística do noso concello, os núcleos urbanos e o rural, a potenciación dos servizos sociais e a atención aos centros públcios de ensino, e a dinamización cultural e social.

O noso proxecto para un Marín do século XXI baséase en tres cuestións principais, como son Humanización Urbanística do noso concello, os núcleos urbanos e o rural, a potenciación dos servizos sociais e a atención aos centros públcios de ensino, e a dinamización cultural e social.
 
Marín, despois de dous mandatos e oito anos de pasividade do PP, precisa dun cambio no seu modelo urbano. Necesitamos humanizar as rúas, facelas máis accesíbeis e poñer as persoas como prioridade. Temos que sumarnos ao modelo que se impón, o modelo BNG de concellos, recoñecido e prestixiado, que mellora a vida das persoas e transforma a mellor as nosas vilas e cidades.
 
Presentamos un proxecto co foco posto na necesaria reforma urbana, abrindo Marín ao mar e mellorando a conexión da vila coa contorna natural.
 
Queremos un Marín respectuoso co medio e por un aproveitamento sustentábel dos nosos recursos naturais. Crearemos unha gran área de lecer forestal comprendida entre o Espazo dos Sete Camiños, no monte Pornedo, o Lago de Castiñeiras e a Cruz da Maceira e apostaremos pola compostaxe como método de tratamento dos residuos dentro do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra.
 
A cultura e a promoción do noso idioma serán os alicerces da nosa xestión. Elaboraremos unha programación cultural estábel, ampla e variada, coa participación dos grupos e asociacións da localidade e potenciaremos o Enterro da Sardiña, os Maios, a Danza de Espadas e os Cantos de Reis.
 
Para o BNG as persoas son o primeiro, polo que promoveremos unha política social para mellorar a calidade de vida da veciñanza, cunha fiscalidade progresiva e un incremento do gasto social. Implementaremos un programa de alugueiro social.
 
Programa: https://en.calameo.com/read/005927462cd518f20899c
Boletín: https://en.calameo.com/books/0059274628dcd06edbd2b
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/presentacion-programa-electoral-bng/20190517103657003662.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Marín