O BNG chama a mercar no comercio local

Ante a proximidade das festas do nada o Bloque Nacionalista Galego vai desenvolver unha campaña de apoio ao comercio local, animando a consumir produtos galegos no comercio de proximidade, repartiremos carteis e panfletos de apoio polos comercios de Marín e Seixo.

O BNG chama a mercar no comercio local

Ante a proximidade das festas do nada o Bloque Nacionalista Galego vai desenvolver unha campaña de apoio ao comercio local, animando a consumir produtos galegos no comercio de proximidade, repartiremos carteis e panfletos de apoio polos comercios de Marín e Seixo.

Considerarmos o pequeno comercio un sector básico da nosa economía e de grande importancia para Marín. Desde o BNG levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas comerciais de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados.

Temos comercio e produtos de primeira que temos que defender opoñéndonos á instalacións de grandes superficies comerciais que arruínan este sector e inciden negativamente na mobilidade e na vida das vilas e cidades.

Resulta lamentábel pasear polas rúas e ver tantos locais fechados, o comercio de Marín necesita un goberno municipal que pule por el, facendo campañas específicas de apoio e fomento do consumo local.

Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Marín, mais nuns tempos onde ten que competir, non só coas grandes superficies, cun modelo de comercio por internet cunha oferta ilimitada en base aos baixos custes laborais.

Tamén apostamos por prestixiar os nosos produtos primarios e por facilitar a súa comercialización, promovendo a etiquetaxe en lingua galega. O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica, que tanta falta fan.

O BNG chama a mercar no comercio local