O BNG urxe a colocación dunha varanda provisional de seguridade no vial de praias

undefined
José Souto, concelleiro do BNG

Souto afirma que “a súa ausencia supón un perigo” e engade que “esa varanda non é de decoración, cumpre unha función de seguridade viaria, sendo unha barreira ante un acantilado de nin máis nin menos de 20 metros.”

O BNG urxe a colocación dunha varanda provisional de seguridade no vial de praias

O concelleiro do BNG, José Souto, lembra que hai un mes o BNG levou ao Pleno da Corporación municipal unha queixa sobre o estado dun tramo de varanda no vial de praias, entre Mogor e Aguete, por mor dunha tala de árbores que se fixo por estar próxima a unha vivenda, ante o risco de incendios.

O caso é que a empresa que fixo a tala cortou cunha motoserra un tramo de 50 metros da varanda co fin de traballar mellor, coa condición de repoñelo unha vez rematado o traballo.

Mais Souto denuncia que pasado un mes todo segue igual, polo que o BNG voltou insistir no Pleno do pasado xoves 10 de agosto por esta circunstancia, recibindo a resposta do goberno do PP que como estamos en agosto non lle dan subministrado á empresa os postes, que afirman son dun tipo especial.

IMG-20230810-WA0001

O concelleiro do BNG manifesta que “esa varanda non é de decoración, cumpre unha función de seguridade viaria, sendo unha barreira ante un acantilado de nin máis nin menos de 20 metros.”

Souto afirma que “a súa ausencia supón un perigo. Imaxinemos un neno que pasa pola zona xogando ou un vehículo que ten un accidente. Se algo sucedese a responsabilidade sería o Concello, non a empresa que fixo o traballo da tala e que non repuxo a varanda.”

O concelleiro do BNG insiste en que “cabe recordar que estamos en pleno verán e ese camiño é altamente transitado polos veciñ@s e turistas que o disfrutan, nunha das nosas rutas pola costa que tanto nos caracterizan e dan prestixio.”

IMG-20230810-WA0002

Souto afirma que “como mínimo e cumprindo simplemente a normativa pública, que o goberno do PP debería coñecer despois de 12 anos no cargo, habería que colocar unha varanda provisional de seguridade para así anular o perigo, tendo en conta as normativas de prevención de riscos, cando por mor das alturas nun vial poida producirse unha caída que poida afectar gravemente ao viandante ou aos vehículos.”

Por todo isto, Souto solicitou “a colocación con urxencia dunha varanda provisional de seguridade mentres non fan a reposición.” Asimesmo, e xa para o futuro, solicitou que “antes da realización dun traballo que haxa unha previsión do que vai suceder, para así adiantarse ao problema de cara a unha mellor solución e bo remate do traballo, sen necesidade de improvisar.”

IMG-20230810-WA0000

O BNG urxe a colocación dunha varanda provisional de seguridade no vial de praias