O BNG solicita maior limpeza dos contedores de Marín

Celia García
Celia García

Celia García afirma que o estado no que se atopan os contedores da rúa Almuíña proporciona “unha imaxe profundamente negativa para Marín”.

O BNG solicita maior limpeza dos contedores de Marín

Son moitas as persoas que estes días están a queixarse do estado no que, con moita frecuencia, se atopan os contedores do casco urbano, e particularmente os situados na rúa Almuíña, abarrotados de lixo e provocando moi malos cheiros na zona.

Esta situación non é admisíbel en ningún lugar do noso concello, mais cómpre lembrar que estamos a falar “dunha zona central da nosa vila, xa que están situados na alameda e en fronte de varios locais de hostalaría”, en palabras de Celia García, concelleira do BNG de Marín.

Estamos en verán, polo que a cantidade de lixo xenerado increméntase notabelmente e a calor acelera a descomposición dos residuos orgánicos, especialmente durante as festas e a celebración de eventos na vila.

Contedores rúa Almuiña
Contedores rúa Almuiña

A concelleira do BNG afirma que “a ninguén lle sorprende ver como a xente cruza de beirarrúa con xestos de profundo desagrado cando se achega a esta zona.”

García afirma que a situación na que se atopan estes contedores é “lamentábel e a veciñanza que vive na zona ou a que se achega para pasear pola contorna non merece soportar esta situación.”

“É unha imaxe profundamente negativa para Marín”, polo que a concelleira do BNG de Marín, Celia García, solicitou no pasado Pleno da Corporación municipal ao goberno local a adopción de medidas para garantir a limpeza e o lavado dos contedores e da zona na que se atopan.

 

O BNG solicita maior limpeza dos contedores de Marín