O BNG lamenta as perdas ocasionadas polos erros do sistema de rego no Stock Marín

365624817_658663886297417_12760152663980377_n
José Souto, concelleiro do BNG de Marín, en Stock Marín

José Souto expón que “este feito podería quedar nun incidente anecdótico, mais é o cuarto ano consecutivo no que o rego automático salta estropeando material dos comerciantes.”

O BNG lamenta as perdas ocasionadas polos erros do sistema de rego no Stock Marín

O pasado día 4 de agosto celebrouse a Inauguración da IV Edición Stock Marín. Un evento que durou dende o día 4 até o 6 e resultou todo un éxito, polo que aplaudimos o traballo do Centro Comercial Local Estrela de Marín, e dos comerciantes que participaron. Dende o BNG desexamos que esta feira xa consolidada siga tendo continuidade.

Mais José Souto, concelleiro do BNG, lamenta que “por un erro do sistema de rego automático no xardín da Alameda, entrou auga na carpa da feira, mollando caixas de mercancía de tres postos de comerciantes.”

José Souto expón que “este feito podería quedar nun incidente anecdótico, mais é o cuarto ano consecutivo no que o rego automático estropea material dos comerciantes”, polo que o concelleiro do BNG pediu explicacións no pleno á concelleira delegada de Turismo, Cristina Acuña, por “como pode ser posible que todos os anos cometan o mesmo erro.”

Por outra banda, José Souto solicitou ao goberno municipal “que se analicen os danos ocasionados e os comerciantes reciban unha indemninación pola mercancía estragada.”

E remata dicindo que “estamos ante un claro caso de falta de previsión pero o mais grave é que esta equivocación xa está sendo costume no Stock Marín,causando molestias e perdas económicas aos comerciantes que resultan afectados.”

O BNG lamenta as perdas ocasionadas polos erros do sistema de rego no Stock Marín