O BNG critica a negativa do Ministerio de Defensa a ceder as instalacións da ENM para a loita contra o coronavirus

Lucía Santos, Portavoz Municipal do BNG de Marín
Lucía Santos, Portavoz Municipal do BNG de Marín

Dende o BNG queremos mostrar o noso malestar pola decisión tomada dende o Ministerio de Defensa, que rexeitou a solicitude do SERGAS de poñer a disposición da sanidade galega, en caso de que fora necesario, as instalacións do antigo hospital da ENM de Marín.

O BNG critica a negativa do Ministerio de Defensa a ceder as instalacións da ENM para a loita contra o coronavirus

Dende o BNG queremos mostrar o noso malestar pola decisión tomada dende o Ministerio de Defensa, que rexeitou a solicitude do SERGAS de poñer a disposición da sanidade galega, en caso de que fora necesario, as instalacións do antigo hospital da ENM de Marín.

Dita solicitude ten lóxica xa que as instalacións, aínda que xa non teñen equipamento sanitario, sí están estructuradas para poder acondicionalo en caso de necesidade. Isto supoñería ter 150 camas preparadas para dar servizo á área sanitaria de Pontevedra e o Salnés se se chegaba a situación de colapso nos hospitais.

Dende Defensa xustificaron a súa negativa alegando que ditas instalacións xa non teñen función de hospital. Mentres tanto, o SERGAS trasladou a mesma petición ao Centro Galego de Tecnificación Deportiva, quen aceptou a solicitude e puxo a disposición todas as súas instalacións pese a non contar de equipamento sanitario.

É por isto que non comprendemos a falta de colaboración do Ministerio de Defensa nunha situación tan grave como a que estamos a vivir. Unha vez máis, dan as costas ao pobo negándose a poñer as súas instalacións ao servizo da cidadanía.

Esta institución nunca mostrou colaboración algunha xa que no seu día  non tiveron en conta a solicitude de ceder o hospital militar ao Servizo Galego de Saúde e dotar a Marín das instalacións sanitarias que tan precisas eran nese momento, xa que aínda non contábamos co novo Centro de Saúde, pero Defensa non tivo en conta esta necesidade e optou por destinalo a hotel de luxo para uso interno exclusivo a “prezo subvencionado”.

Con esta actitude, o que nos demostran é que prefiren ter un hotel baleiro antes de prestalo para un servizo tan importante e esencial como é a saúde.

O BNG critica a negativa do Ministerio de Defensa a ceder as instalacións da ENM para a loita contra o coronavirus