Asemblea Veciñal en Mogor

Asemblea Veciñal Mogor
Asemblea Veciñal Mogor

O BNG convoca este venres 25 de maio unha Asemblea Veciñal en Mogor. Terá lugar na Antiga Escola Infantil (Barriada) ás 20:30h.

Asemblea Veciñal en Mogor

O BNG convoca este venres 25 de maio unha Asemblea Veciñal en Mogor. Terá lugar na Antiga Escola Infantil (Barriada) ás 20:30h., e o asunto principal da mesma será falar das necesidades de Mogor, así como informar do traballo realizado polo BNG.

Esta é a cuarta Asemblea Veciñal que convocamos, tras as celebradas en Seixo, Ardán e Santomé nas pasadas semanas, e nas que o BNG está a percorrer as parroquias de Marín coa finalidade de escoitar as inquedanzas, demandas, queixas e propostas da veciñanza, así como informar do traballo feito pola nosa organización.

Deste xeito pretendemos manter un contacto permanente coa veciñanza, fomentar a participación ao tempo que profundizar na democracia.