MOCIÓN A FAVOR DO MANTEMENTO DO REXISTRO CIVIL EN MARÍN

MOCIÓN A FAVOR DO MANTEMENTO DO REXISTRO CIVIL EN MARÍN

O edificio do Xulgado aloxa actualmente o rexistro civil

Dona Pilar Blanco López, en representación do Grupo Municipal do BNG de Marín, presenta o seguinte documento e MOCIÓN POLA VÍA DE URXENCIA  en resposta á moción presentada pola alcaldesa do Concello en relacción á entrada en vigor da Lei 20/2011, do 21 de xullo, de Rexistro Civil modificada polo goberno de Rajoy a través do  Real decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia:

ANTECEDENTES

O 22 de xullo de 2011 o BOE publica á Ley 20/2011, del Registro Civil. Esta lei foi aprobada previamente no Congreso por unanimidade e froito dun amplo consenso entre o persoal da administración de Xustiza, as Comunidades Autónomas e as entidades civís, como partes implicadas no Registro Civil.

A propia lei, na súa disposición final décima, establecía que a entrada en vigor non sería até tres anos despois da súa publicación dno Boletín Oficial do Estado, e que neste tempo o Ministerio de Xustiza adoptaría as medidas e cambios normativos necesarios para a modernización dos Rexistros Civís.

Esta lei  contemplaba a desxudicialización do Rexistro e establecía un modelo descentralizado que preservaba o control público e gratuíto do Rexistro Civil :

“La modernización del Registro Civil también hace pertinente que su llevanza sea asumida por funcionarios públicos distintos de aquellos que integran el poder judicial del Estado, cuyo cometido constitucional es juzgar y ejecutar lo juzgado”. (Apartado II do Preámbulo).

E establecía que as prazas de Encargados do Rexistro Civil serían ocupadas por funcionarios públicos de carreira do Subgrupo A1, con Licenciatura en Dereito e secretarios xudiciais. (Disposición adicional segunda).

Mais nada dicía de que os rexistradores da propiedade e mercantís se fixeran cargo do servizo do Rexistro Civil.

No ano 2012 o  Ministerio de Xustiza, presidido por Alberto Ruíz Gallardón, anuncia que está a preparar unha reforma legal para trasladar as competencias do Rexistro Civil aos rexistradores mercantís e da propiedade. Tratábase do anteproxecto de Ley de Reforma Integral de los Registros.

O BNG e outros grupos políticos dan a voz de alarma. As respostas ás preguntas presentadas no Congreso polas deputadas do noso grupo, e dirixidas ao Goberno do Estado confirman absolutamente os plans do PP neste sentido.

En todo este proceso, a actitude do goberno local do PP de Marín é de silenzo e complicidade ante unha medida que afectaría, de xeito directo, aos veciños e veciñas de Marín que perdería o actual servizo do rexistro civil que se trasladaría a Pontevedra.

En abril de 2013, a instancias dos grupos municipais do BNG e de MAR-IN (que traslada ao pleno o texto presentado polo Colectivo Nacionalista), o Pleno da Corporación adopta, por unanimidade os seguintes acordos:

Moción do BNG:

-          Rexeitamento contundente á eliminación do Rexistro Civil de Marín, tal e como pretende o Goberno do Estado.

-          Instar ao Goberno do Estado a que manteña a actual estrutura administrativa dos rexistros civís e a que non estableza ningún tipo de taxa por servizos que sempre foron gratuítos.

-          Ratificar o último acordo plenario polo cal se reclamaba o Rexistro da Propiedade para Marín.

Moción MAR-IN:

-          A Corporación Municipal de Marín posicionase contra a proposta de

-          Anteproxecto de Lei de Reforma Integral do Rexistros.

-           Comunicar este posicionamento ao Ministerio de Justicia e á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Aparte da remisión dos acordos ás correspondentes administracións, non nós consta ningún tipo de acción ou xestión por parte da alcaldía en todo este tempo.

Mais finalmente, o goberno de Rajoy non tramita a reforma legal senón que dá luz verde a entrega do servizo aos rexistradores da propiedade da peor forma posible dende o punto de vista lexislativo: a través dun decreto lei (Real decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia) que modificaba 25 leis, ademais da Ley 20/2011, e que foi convalidado no Congreso só cos votos do PP.

A través deste decreto, que regula a xestión dos rexistros e inicia o que na práctica supón a súa privatización, o Ministerio traspasa a xestión dos rexistros civís aos rexistradores da propiedade e mercantís. O decreto establece que a lei así reformada, entrará en vigor en xullo de 2015:

“La competencia para la llevanza del Registro Civil se atribuye a los Registradores que tengan a su cargo las oficinas del Registro Mercantil, en su condición de funcionarios públicos, como con claridad resulta del artículo 274 de la Ley Hipotecaria; funcionarios especializados con una contrastada y satisfactoria experiencia en registros de personas aun cuando estas fueran jurídicas, de forma que aquellas oficinas adquieran la condición de Oficinas del Registro Civil y Mercantil. Esta atribución se realiza en ejecución de la efectiva desjudicialización del Registro Civil ya consagrada en la ley actual, con el fin de lograr un incremento de las economías organizativas, de gestión y de escala, así como una mayor eficacia y celeridad en el funcionamiento del sistema registral civil”.

La Ley 20/2011, de 21 de julio, en la parte que al día de la publicación de este Real Decreto-ley no hubiera entrado en vigor, lo hará el día 15 de julio de 2015. (Disposición adicional decimonovena. Prórroga de la entrada en vigor de la Ley 20/2011, de 21 de julio, del Registro Civil).

A partir de la entrada en vigor en su totalidad de la Ley 20/2011, de 21 de julio, el Registro Civil estará encomendado a los Registradores de la Propiedad y Mercantiles que en cada momento tengan a su cargo las oficinas del Registro Mercantil, por razón de su competencia territorial. Dichas oficinas se denominarán Oficinas del Registro Civil y Mercantil. (Disposición adicional vigésima. Llevanza del Registro Civil).

El Gobierno promoverá, en el plazo más breve posible, las modificaciones de la Ley 20/2011, de 21 de julio, necesarias para su adecuación a la llevanza del Registro Civil por los Registradores de la Propiedad y Mercantiles que en cada momento tengan a su cargo las oficinas del Registro Mercantil, incluyendo las reglas de competencia para la inscripción de los hechos y actos que deban acceder al Registro Civil y el régimen del personal al servicio de la Administración de Justicia destinado actualmente en el Registro Civil.(Disposición adicional vigesimosegunda. Otras modificaciones de la Ley 20/2011, de 21 de julio).

Polo tanto é totalmente falso que “nestes momentos a Lei 20/2011, está tramitándose no Congreso dos Deputados e ten aberto trámite de alegacións”, tal e como se afirma na moción que nos presenta a alcaldesa.

O propio escrito da Fegamp, ao cal se fai referencia (e que non data do 18 de marzo, senón do 20 de febreiro )e que foi remitido ao director xeral de Rexistros e do Notariado, , deixa ben claro que os rexistros civís vanse suprimir a partir do 15 de xullo: “Esta Federación Gallega de Municipios y Provincias, como legitimo representante del municipalismo gallego, quiere trasladarle la preocupación existente entre los responsables municipales de Galicia por las consecuencias que para sus vecinos puede terner la próxima supresión de los actuales Registros Civiles con la definitiva entrada en vigor de la Ley 20/2011, de 11 de julio de 2011, del Registro Civil. Circunstancia que ya fue puesta en conocimiento de la Sra. Secretaria de Estado de Justicia por el Presidente y Vicepresidente de esta Federación en la reciente reunión mantenida con la misma (o 11 de febreiro segundo a propia Fegamp).

E segue: “Esa previsión legal obligará a los ciudadanos, al margen del lugar donde residan, a desplazarse a los escasos Registros Mercantiles existentes en Galicia o a las futuras Oficinas Generales del Registro Civil, cuya ubicación se ignora ( probablemente en las capitales de provincia según prevé el Proyecto de ley de medidas de reforma administrativa en el ámbito de la Admistración de Justicia y del Registro Civil)”.

Precisamente esta última lai  é  que si está en fase de amplianción de emendas ao articulado e que se está a tramitar na Comisión de Xustiza do Congreso. A Comisión ten competencia plena para modificar determinados preceptos da Ley 20/2011 a través desta reforma.

Este proxecto de Lei, no relativo ao Rexistro Civil, limitábase á modificación dos artigos 44, 45, 46, 47, 49, 64, 66 e 67 da Ley 20/2011 e 120 do Código civil, a fin de que a partir da entrada en vigor de la Lei 20/2011 á inscripción dos recén nacidos e dos falecidos en centros sanitarios  realizase directamente desde ditos  centros, a modo de «ventanilla única».

Sen embargo o  Ministro de Xustiza Sr. Catalá, anunciou recientemente que o Partido Popular ía a presentar emendas a dito Proxecto de Lei, a fin de avanzar na atribución do Rexistro civil aos Rexistradores da Propiedade e Mercantís. 

Polo tanto o que cabe neste momento é instar ao goberno do Estado e aos deputados e deputadas do PP no Congreso, á que  aproben as emendas que o BNG e outros grupos políticos van rexistrar na dirección de que se manteñen os Rexistros Civís e as funcións rexistrais nos Xulgados de Paz, ou ben que o propio PP presente emendas neste sentido.

En base a todo o anteriromente exposto, instamos ao Pleno da Corporación, á adopción do seguinte acordo:

 

  1. Expresar o rexeitamento ao Real decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, instando ao Goberno do Estado español á inmediata derrogación deste Real decreto no que afecta á Lei 20/2011, e á paralización do traspaso do Rexistro Civil aos rexistros da propiedade e mercantís.

  1. 2.      Instar  aos deputados e deputadas do PP no Congreso a apoiar as emendas presentadas polo demais grupos políticos ao Proyecto de Ley de medidas de reforma administrativa en el ámbito de la Administración de Justicia y del Registro Civil (121/000101) que vaian no sentido de que se manteñan os Rexistros Civís mantendo a actual estrutura administrativa evitando a súa adscripción a calquera tipo de xestión privada.

 

Asinado,

 

Pilar Blanco López

Marín, 8 de abril de 2013