Ramallo oculta información transcendental sobre o PXOM

Ramallo oculta información transcendental sobre o PXOM

webUna sentenza anula parte do plan aprobado en 2012  pola Xunta do PP

Segundo puido saber o BNG, unha senteza que anula parte do articulado da normativa do PXOM aprobado en 2011 pola Xunta de Galicia, e baixo o mandato da alcaldesa do PP, María Ramallo, entrou por rexistro no Concello o día 4 de agosto.

A sentenza anula varios artigos do PXOM, en concreto os que regulan a instalación de telefonía móbil,  despois de que o Tibunal Superior de Xustiza de Galicia  admitise  o recurso interposto por Vodafone, e anule  parte do articulado correpondente a instalación das antenas de telefónia mobil no noso concello.

“Preguntámonos a que espera a alcaldesa para reunir a todos o portavoces municipais e informar da trascendencia desta sentenza que afecta ao documento urbanístico máis importante do Concello,  e que foi sempre tratado coa máxima transparencia dende os gobernos anteriores,  e durante o longo e laborioso proceso que supuxo a tramitación deste documento que lle afecta a toda a cidadanía de Marín”, afirma o concelleiro do BNG e ex delegado de Urbanismo, Xosé María Vilaboa.

Xosé María“O máis grave de todo este asunto, o que non se pode tolerar,  é que a alcaldesa lle estea ocultando información ao resto de grupos políticos, e o que é peor, ao pobo de Marín. Isto fainos sospeitar que probablemente non sexa esta a única ameaza que pende sobre o PXOM e preguntámonos que máis esconde a señora Ramallo”, engade o concelleiro nacionalista.

“A transparencia da que tanto alardea a alcaldesa simplemente non existe, e como mínimo debería ter xa informado para decidir o que se vai facer con respecto a este e outros recursos que poidan prosperar”.

A falta de criterio no departamento de Urbanismo pon en risco a iniciativa emprendedora no concello

Xosé María Vilaboa chama tamén a atención sobre a parálise do PXOM e a falta de criterio a hora de tramitar as licenzas dentro do departamento de Urbanismo que dirixe Manuel Santos Costas: “Temos un plan aprobado o cal debería permitir axilizar todos os trámites relaccionados coas licenzas urbanísticas. Sen embargo observamos como se pon en perigo a iniciativa emprendedora dos veciños que, cumprindo coa lei, diríxense ao departamento de Urbanismo no cal se lles aconsella mal e logo, cando chegan os problemas, o señor delegado  Santos Costas, , inhíbise de toda responsabilidade botándolle a culpa á Xunta, a Patrimonio ou a calquera outro organismo que se poña por diante”. “Ao final, quen paga esta falta de criterio no proceder das licenzas, son aquelas persoas que arriscan o seu patrimonio para poñer en marcha calquera iniciativa que poida permitirlles ir tirando obrigados pola falta de emprego”, finaliza Vilaboa.

 

Marín, 19 de agosto de 2014