O BNG de Marín e Vilaboa comprométese co proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo

O BNG de Marín e Vilaboa comprométese co proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo

webPara os nacionalistas é imprescíndible e urxente que Xunta e Deputación se impliquen economicamente no mantemento deste área

As candidatas nacionalistas dos concellos que abrangue o proxecto da Fundación Lago de Castiñeiras-Cotorredondo, Pilar Blanco e Ornela Salgado, xunto co deputado da comarca do Morrazo, Daniel Rodas, mantiveron unha reunión cos promotores desta fundación e á vez representantes das comunidades de montes de Santomé de Piñeiro e San Xulián de Marín e Santa Cristina de Cobres e San Martiño de Vilaboa.

Durante a  reunión, que tivo lugar en Vilaboa, os reprensentantes nacionalistas expuxeron as iniciativas que o BNG leva presentado no Parlamento galego para que o goberno da Xunta se implique dunha vez por todas na creación desta Fundación que pretende sumar ás admistracións locais, á Deputación, á iniciativa privada e sobre todo á Xunta de Galicia nun proxecto de recuperación, dinamización e protección de Castiñeiras e o seu entorno.

“Non debemos perder de vista que esta proposta das comunidades de montes de Marín e Vilaboa é consecuencia do abandono ao que ten sometido a Xunta de Galicia ao parque de Castiñeiras e Cotorredondo. As competencias no mantemento do parque e dos seus servizos son plenamente do goberno galego, en concreto da  Consellaría de Medio Ambiente,  que manten o parque nun estado de degradación sen precedentes causado pola falta de xestión e mantemento ao longo dos últimos anos”, afirma a candidata do BNG-AA de Marín, Pilar Blanco.

“Por este motivo, dende un principio, o BNG defendeu e apoio a iniciatRutas webiva destas catro comunidades de montes que están a dar o exemplo que o goberno galego non dá: a defensa do monte e a proposta da xestión sostible dun área que ten unha dimensión socio-cultural e económica  importantísima para os dous concellos”, engade.

“Vemos, como a pesar do acordo plenario dos dous concellos de impulsar o proxecto e instar as outras administracións (Xunta e Deputación) a garantir a súa viabilidade, só dende Vilaboa se fixeron as xestións oportunas, mais sen resposta por parte do goberno da Xunta”, afirma a Tenente de Alcaldía en Vilaboa e deputada provincial, Ornela Salgado.

“E non só iso, senón que vemos como dende a Deputación, seguen sen recibir aos representantes das comunidades de montes de Vilaboa e Marín, e como a alcaldesa deste último concello, María Ramallo, bota auga enriba da proposta de que a Deputación destine 450.000€ a un proxecto do que son impulsoras dúas comunidades do seu concello,  San Xulián e Santomé”, engade a cabeza de lista  de Vilaboa. 

Dende un principio, o BNG defendeu e apoio a iniciativa destas catro comunidades de montes que están a dar o exemplo que o goberno galego non dá

Pola súa parte, Daniel Rodas, expuxo a iniciativa do BNG no Parlamento galego instando ao goberno galego a participar da Fundación e lembrou que “nestes momentos as competencias de mantemento e xestión do parque son do goberno da Xunta e a responsabilidade do abandono deste entorno referencial para todo o Morrazo son súas”. “Ademais de facer deixadez das súas funcións na xestión do parque, o PP está despreciando o labor das comunidades de montes, eludindo a obriga básica de atender a solicitude de diálogo para levar a cabo un proxecto pioneiro que pode devolver a Castiñeiras e Cotorredondo o importancia que nunca debeu perder”, recalcou o deputado nacionalista do Morrazo.

Morrazo, 5 de maio de 2015