BE-NE-GÁ
Presentamos proposición non de lei Instando á Xunta a paralizar as obras no Castro de A Subidá
01/dec./2020
O grupo parlamentar do BNG presentou proposición non de lei instando á Xunta a paralizar as obras no Castro de A Subidá. Ademais disto, o deputado parlamentar Paulo Ríos, rexistrou unha serie de preguntas nas que se piden explicacións á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural por estas actuacións que se están levando a cabo no Castro.