O Pleno do Concello de Marín aproba a prolongación ao ano 2021 do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero

2018071010365553302
O Pleno do Concello de Marín aproba a prolongación ao ano 2021 do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero

O BNG traslada a súa satisfacción pola aprobación da moción tratada no pasado pleno municipal, na que se solicitou a prolongación ao ano 2021 do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Dada a situación de medidas de confinamento dende o mes de marzo, coa suspensión das aulas nos centros educativos, así como as medidas de distanciamento social e protocolos de prevención sanitaria aínda vixentes a día de hoxe, imposibilitaron levar a cabo actividades socioculturais para homenaxear e difundir a figura do filólogo, profesor e escritor homenaxeado no Día das Letras no ano 2020.

Dende o mes de abril, o BNG sumouse á iniciativa sociocultural que reclamaba prolongar a conmemoración de Ricardo Carvalho Calero ao ano 2021, para continuar coa labor de dar a coñecer e honrar a sua obra.

Por isto, solicitamos ao goberno municipal de Marín amosarse partidario desta iniciativa e trasladar a Xunta de Galiza a proposta para dirixirse á Academia Galega e solicitar formalmente a prolongación da homenaxe a Carvalho Calero no ano 2021.

Cónstanos que dita solicitude xa foi trasladada á Xunta, polo que agradecemos o apoio desta iniciativa e desexamos que a situación sanitaria mellore e poidamos celebrar o vindeiro Día das Letras Galegas con saúde e normalidade.

O Pleno do Concello de Marín aproba a prolongación ao ano 2021 do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero