Propostas para a seguranza viaria dos/as motociclistas

Néstor Rego

Marín é un concello con moitos afeccionados e afeccionadas ao uso e goce da motocicleta. No BNG concordamos   na   idea   de   que   a   moto   debe   facer   parte   da   solución  á mobilidade sustentábel. Por iso comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en   motocicleta. 

Propostas para a seguranza viaria dos/as motociclistas

Marín é un concello con moitos afeccionados e afeccionadas ao uso e goce da motocicleta. No BNG concordamos   na   idea   de   que   a   moto   debe   facer   parte   da   solución  á mobilidade sustentábel. Por iso comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en   motocicleta.  

Considerarmos fundamental a mellora das  infraestruturas   viarias   para   garantir   maior seguranza e reducir o número de accidentes, prestando especial atención,pola súa vulnerabilidade, ás motocicletas e bicicletas, particularmente no que atinxe a sistemas de protección (espazos delimitados, gardarraís seguros, pintura antideslizante...).

Dentro do noso programa electoral para estas eleccións Xerais, e despois de diálogo mantido con diversas entidades sociais do mundo do motociclismo incluímos as seguintes propostas:

  • Plan   de   instalación   de   Sistemas   para   Protección   de   Motoristas(SPM) en todos os gardarraís, conforme á norma UNE 135900-2017 e realización de auditorías independentes de calidade.
  • Adopción   dun   plan   de   adecuación   de   estradas   ás   necesidades   de seguranza viaria de  motociclistas.
  • Redución de superficies pintadas na sinalización horizontal.
  • Formación do persoal de estradas.
  • Eliminación  do  proxecto  para instalar  bandas  sonoras  na  mediana das     estradas     e     prohibición     da     instalación     de     elementos delimitadores de carrís que puideren supor un obstáculo na vía.
  • Regulación  normativa  dos   pasos  de  peóns  semaforizados  para que sexan sinalizados  coa mesma  marca viaria que os  pasos  de ciclistas coa fin de reducir a superficie pintada no pavimento.
  • Fomento de medidas de renovación do parque de motocicletas para incorporar tecnoloxías de ofrezan maior seguranza.
  • Actuar   na   formación,   tanto   no   persoal   específico   ao   servizo   das administracións       públicas       como       da       cidadanía       en       xeral, especialmente  incorporando  de forma  efectiva  a  seguranza  viaria  ao sistema educativo.

Desde o BNG de Marín comprometemos, dentro das capacidades competencias do concello, a implementar estas propostas en Marín. Ademais, estudaremos   as   mudanzas   normativas   que puideren ir na liña de facilitar o uso da motocicleta con máis seguranza.

Propostas para a seguranza viaria dos/as motociclistas