O BNG volta demandar no Parlamento a ambulancia 24 horas para Marín

Ambulancia
Ambulancia

Con motivo do novo concurso para o Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061, que ven de facerse público e que non contempla a ambulancia 24 horas para Marín, este xoves 2 de maio a deputada do Bloque Nacionalista Galego Montse Prado solicitou unha rectificación e voltou demandar no Parlamento Galego a necesidade de inclusión dunha ambulancia de soporte vital básico as vinte e catro horas do día para o concello de Marín.

A devandita Proposición foi debatida na Comisión 5º de Sanidade, Política Social e Emprego e contou, unha vez máis, coa oposición do Partido Popular e da Xunta de Galiza.

Desde o BNG defendemos que o transporte sanitario en xeral, e o urxente en particular, é, ao igual que o resto da prestación sanitaria, un servizo esencial, un servizo vital, e como tal debería ser un obxectivo prioritario, para o Goberno galego e para a consellaría de sanidade. Mais a realidade vai na dirección contraria, a Xunta de Galiza está a optar por un modelo de xestión que mercantiliza a saúde, deteriorando o servizo, con todas as decisións que foi tomando.

Até setembro de 2011 o concello de Marín contaba con servizo de ambulancia de soporte vital básico 24 horas, nesa data o 061 recortou á metade o servizo, deixándoo en 12 horas, de oito da mañá a oito da tarde. Foron necesarias moitas reclamacións e a peticións constante da veciñanza da necesidade de aumentar o servizo, para que en xuño do 2016 o Sergas tomara a decisión de aumentar as horas de servizo de ambulancia dun xeito insuficiente, xa que tan só aumentou catro horas, de 12 a 16.

Atopámonos polo tanto que Marín, cunha poboación de máis de 24.000 habitantes, non conta con servizo de transporte sanitario terrestre de 12 da noite a oito da mañá. Deixando polo tanto desprotexida á veciñanza durante ese período, toda vez que os vehículos que teñen que acudir teñen que facelo ben desde Pontevedra ou desde Bueu co que significa de aumento nos tempos de resposta.

O BNG ten demandado en varias ocasións a necesidade da sociedade de Marín para que conte co servizo de ambulancia 24 horas, atopándonos coa negativa do Partido Popular. Co inicio dun novo concurso da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galiza-061 para o Servizo de Transporte Sanitario Urxente Terrestre era o momento de rectificar esa situación, razón pola que presentamos a proposición e que contou de novo co rexeitamento do PP.

María Ramallo volve a demostrar que non exerce ningún tipo de presión á Xunta e non defende os intereses de Marín. O PP e a señora Ramallo non velan polas necesidades que lles corresponden ao noso concello, sendo obedientes perante unha problemática que pon en xogo a saúde da veciñanza de Marín antepoñendo criterios económicos sobre a calidade asistencial.

O BNG volta demandar no Parlamento a ambulancia 24 horas para Marín