Sobre o nomeamento de deputado do Tenente Alcalde, e concelleiro liberado do goberno municipal,

2016080217412272148
Sobre o nomeamento de deputado do Tenente Alcalde, e concelleiro liberado do goberno municipal,

Hai un ano ficabamos con sorpresa polo anuncio da alcaldesa de Marín, a Sra. María Ramallo, de ir encabezando a candidatura do PP de Pontevedra para as elección xerais que se celebraron o pasado 10 de novembro do 2019, o que tras a súa elección como deputada en Madrid a obrigou a compatibilizar a súa responsabilidade como alcaldesa coa función de deputada nas Cortes do Estado.

Se isto no seu día xa nos pareceu unha tomadura de pelo para a veciñanza de Marín, agora asistimos estupefactos ao ver como o Tenente Alcalde e concelleiro liberado do goberno municipal, o sr. Manuel Santos, volve repetir a xogada e asume o cargo de Deputado Autonómico no Parlamento Galego.

O goberno municipal do PP de Marín está mostrando unha auténtica falta de ética e respecto de cara á veciñanza de Marín con estas actuacións. Unha de dúas, ou os concelleiros do PP en Marín gozan de “poderes paranormais” que lles permite desenrolar dous postos á vez, ou ben están enganando á cidadanía e utilizando o goberno local como lanzadeira para a ascensión nos seus cargos políticos.

Cando unha persoa adquire un posto de responsabilidade nun goberno municipal cunha liberación a tempo completo como é o caso do sr. Santos, non debería estar asumindo un novo posto como deputado autonómico. Calquera persoa cun mínimo de sentido común é perfectamente consciente de que o tempo para realizar as dúas funcións é inviábel, a non ser que un dos postos sexa meramente presencial, o que resultaría un fraude.

Mentres o concello de Marín continúa en decadencia perdendo poboación, cun comercio local en franca decadencia e cunhas importantísimas carencias e déficits noutros moitos ámbitos, o goberno do PP desatende as súas funcións cunha alcaldesa e tenente de alcaldía a tempo parcial incumprindo a promesa dada ao pobo marinense nas pasadas eleccións municipais do 2019.

Dada a evidente decadencia na que se atopa o noso concello, tal e como amosan distintos indicadores, Marín precisa un goberno cun proxecto para a nosa vila, con ideas e ganas de levalas a cabo, e por suposto, a tempo completo. Absolutamente nada disto parece cumprir o goberno do PP de María Ramallo.

Sobre o nomeamento de deputado do Tenente Alcalde, e concelleiro liberado do goberno municipal,