Demandamos rehabilitación do "Lavadoiro das Preguntas"

IMG-20201215-WA0015
O BNG solicitou a rehabilitación do "Lavadoiro das Preguntas" en Miñán
Demandamos rehabilitación do "Lavadoiro das Preguntas"

A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, deu traslado na Comisión Informativa de Desenvolvemento Rural dunha solicitude da veciñanza do núcleo de Miñán, na parroquia de Santomé, pola que piden a restauración do lavadoiro da zona.
Este lavadorio público chamado “Lavadoiro das Preguntas” precisa dunha intervención de rehabilitación urxente, xa que se atopa totalmente cheo de maleza, coa cuberta de uralita e o acceso en mal estado.
O BNG solicitou ao concelleiro delegado Pablo Novas, para que se engada este lavadoiro nas actuacións previstas dende o goberno municipal en diferentes lavadoiros do concello, xa que se trata da conservación de Patrimonio Etnográfico que hai que procurar manter en bó estado, especialmente cando hai interese pola veciñanza para a súa posta en valor.
Asímesmo, o BNG mostra a súa satisfacción pola actuación que se está levando a cabo no lavadoiro de Allariz, tamén en Santomé. No pasado mes de agosto, dende o BNG demos traslado a Comisión de
Desenvolvemento Rural dunha petición da veciñanza de Allariz, na que se solicitaba a limpeza e melloras de impermeabilización en dito lavadoiro e que concelleiro delegado negou o estado de abandono.
Meses despois, parece que o goberno municipal ten en conta a proposta trasladada polo BNG e leva a cabo melloras de impermeabilización e melloras no lavadoiro de Allariz, polo que esperemos se decidan a ter en conta tamén a solicitude de rehabilitación do “Lavadoiro das Preguntas” en Miñán e poidamos
engadilo ao catálogo de arquitectura popular dos lavadoiros restaurados de Marín.

Demandamos rehabilitación do "Lavadoiro das Preguntas"