Solicitamos adhesión ao plan de autoxestión da auga

72382412_965482857129475_2373319071442665472_o
Solicitamos adhesión ao plan de autoxestión da auga

A Xunta de Galiza vén de anunciar que dende a Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade mediante Augas de Galiza, están preparando un plan para apoiar os sistemas de autoxestión da auga na Galiza, o que vén sendo as traídas veciñais ou os pozos privados, co obxectivo de garantir o servizo de auga a todos os núcleos rurais aos que economicamente resulta custoso facer chegar o servizo municipal de augas, ademais de levar a cabo un inventario que inclúa a legalización de abastecementos de auga ás vivendas que se atopan en situación irregular.

Para poñer en marcha este plan, a Xunta escollerá nos vindeiros meses, seis concellos nos que se activará este proxecto para a elaboración de plans de abastecemento autónomo, analizando a calidade da auga e favorecendo a participación da veciñanza, ademais de identificar e dar de alta as vivendas con pozos ou mananciais de auga privados.

No Concello de Marín seguen existindo parroquias con falta de servizo de auga municipal. Concretamente as parroquias son Santomé, San Xulián e Ardán que aínda que sofren esta grave problemática, resulta rechamante que sexan as parroquias onde se atopan máis minas de auga, polo que a veciñanza vai servíndose de pozos artesáns e pequenas traídas veciñais para que a auga chegue as súas casas.

É por isto, que o BNG vén de rexistrar unha moción para trasladar a pleno municipal e solicitar que o goberno municipal contacte con Augas de Galiza para solicitar a adhesión a este plan e así dar solución ás parroquias do noso concello que teñen a problemática de falta de auga, ademais da regularización dos pozos privados. Ademais de estudar cales poderían ser os núcleos aos que se garantiría a subministración de auga mediante o apoio e reforzo ao servizo de traídas veciñais.

Solicitamos adhesión ao plan de autoxestión da auga