pola
BE-NE-GÁ
IMG-20210213-WA0012

Acción do BNG do Morrazo pola rebaixa da peaxe da AP9

O BNG do Morrazo vén de desenvolver unha acción simultánea nos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa enmarcada na campaña social co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE.

Ler novas
BE-NE-GÁ
2017092719034058435

O BNG demanda solución á problemática dos mariñeiros galegos que traballan no Atlántico Sur debido á limitación da mobilidade provocada pola pandemia da Covid19.

O BNG de Marín quere facer pública a súa preocupado pola problemática que están a vivir centos de mariñeiros galegos debido á crise sanitaria da covid-19, que non poden realizar o os relevos nos barcos palangreiros e conxeladores que faenan no Atlántico Sur.

A imposibilidade de facer relevos é a principal preocupación destes traballadores, xa que hai mariñeiros que levan moitos meses traballando de xeito continuado sen descansos nin poder ver as súas familias, e por outra banda están os que a pandemia colleu nas súas casas e non poden incorporarse ao seu posto de traballo. Neste último caso a situación é difícil por non ter ingresos, e nalgúns casos sen poder percibir ningún tipo de prestacións, mentres teñen que seguir coa obriga de facer fronte aos pagos como as hipotecas, alugueiros, etc.

O BNG presentou no congreso, a través do seu deputado Nestor Rego, unha serie de preguntas dirixidas ao goberno central expoñendo a problemática destes mariñeiros.

Queremos saber se o goberno vai ter en conta esta situación e tomar medidas concretas como facer un censo dos mariñeiros galegos que se atopan nesta situación de non poder desprazarse, para coñecer a magnitude real do problema e poder así axilizar as xestións con este colectivo.

E tamén queremos saber se o goberno pensa facilitar transporte aéreo a ditos mariñeiros para facer os relevos, e permitir o retorno dende os portos de atraque aos seus fogares, asi como facilitaraos que están nas súas casas que podan desprazarse para poder embarcar e así obter os ingresos necesarios para o sostemento persoal e familiar.

Lembrándolles ao goberno central que xa se tomaron medidas semellantes, fletando avións para facilitar a volta de turistas que quedaron illados en diferentes países estranxeiros en plena pandemia sanitaria.

Desde o BNG de Marín pedimos unha inmediata solución a esta situación que afecta a moitos mariñeiros galegos, algúns deles do noso concello. Se o goberno central ten vontade pode organizar o relevo dos mariñeiros destas frotas pesqueiras.

Marín, 22 de xuño de 2020

Ler novas