participación
Sen categorizar
Concelleiros BNG Marín

O BNG crea un “buzón cidadán” ao servizo da veciñanza

Lucía Santos, Portavoz municipal do BNG de Marín, manifesta que “o BNG facilitará a participación da veciñanza na vida do noso concello” e “intensificará o seu papel como canle de comunicación da veciñanza para trasladar as súas demandas ao Concello.”

Santos anuncia que “o BNG ven de crear un “buzón cidadán”, mediante un buzón na sede da praza da Veiguiña nº7 e unha conta de correo electrónico “[email protected]”, que será unha canle de comunicación coa veciñanza, onde poden trasladarse suxerencias, comentarios ou queixas coa finalidade de mellorar a calidade de vida dos e das marinenses.”

Ler novas