marín
Sen categorizar
193246126_124008693141813_5692006115509916804_n

O BNG de Marín esixe ao goberno municipal traballo e propostas para mellorar Marín

Lucía Santos lembra que “se non se crean empresas, se o comercio languidece, se a veciñanza carece de alternativas de ocio, especialmente grave no caso da mocidade, que a xente marche de Marín non debería sorprender a ninguén.”

Lucía Santos lamenta que “toda a “capacidade” produtiva do goberno do PP de María Ramallo pasa por unha campaña, absolutamente carente de contido, de autoestima e orgullo de sermos de Marín. Parece que o PP non se entera que a xente de Marín non precisa campañas deste tipo. A xente de Marín está moi orgullosa de ser de Marín, de nacer nesta terra, mais o que precisa son oportunidades de traballo e alternativas de ocio.”

Ler novas
Novas
SARA PIÑEIRO

#8M RETRATOS DE MULLERES DE MARÍN

Para chegar até aquí, antes, moitas mulleres tiveron que loitar polos nosos dereitos. Por iso hoxe queremos poñerlle cara a unha pequena parte de todas elas. Estas viviron ou viven en Marín. E con elas queremos camiñar este mes de marzo; mes de mulleres loitadoras, soñadoras, fortes e sensíbeis co tempo que lle tocou vivir, máis sempre libres.

Co seu orgullo e coa súa dignidade estivemos este mes de Marzo, guiadas polas redeiras, as conserveiras, as coidadoras e as limpadoras, as peiteadoras, as caixeiras de supermercados, as costureira, as mestras e todas aquelas que día a día traballan por un mundo mellor.

Con Carmen Pesqueira “A Capirota” berrando ante toda inxustiza.

Con Elsa “A Carruca” rapada máis sempre chea de dignidade.

Con Sara Piñeiro que leva a todas as labregas na súa fouce.

Coas escritoras da liberdade como Andrea Nunes e Christina Lilliestierna.

Con Esther de la Iglesia indo a universidade e así abrir camiños vetados as mulleres e coa súa irmá Rosa sacando o carne de conducir para sorprender ao mundo.

Coas deportistas que conquistaron ese mundo “só para homes”, como Ceci Puga e Flor Guzmán Davila.

Coas avoas que sempre quixeron conducir a súa propia vida como Pura Cidrás e Rosa de la Iglesia.

Coas que recuperan e fan xustiza co noso pasado máis escuro como Queta Molas.

Coas sabias mestras das que aprendemos a decir NON, como Belén Prada e Eladia Regina Milleiro.

Coas que defenderon sempre e con gran risco os dereitos das traballadoras como Petra Castro, Natalia Otero, Josefa Sequeiros, Dolores Santiago “A Pasionaria”.

Coas primeiras en ser, en ocupar un espazo como a carteira de Santomé Perfecta Rosales; a comadroa Carmen de los Santos; a empresaria do cine Quiroga Amalia Méndez; a traballadora do noso concello Argentina Pérez “A Xesteira”; a condutora do trole-bus Fina de Pazo Allariz; a policía local Genoveva Rosales; a médica e cirurxiá Mª dolores Rguez; a catedrática da Universidade Marítima Mundial Laura Carballo.

Coas primeiras representantes do nacionalismo nos concellos como Mar Santiago, e con Divina Pesqueira alcaldesa de barrio polas Pedreiras.

E tampouco faltarán nestas manifestacións de loita e de reivindicacións as que “non están” por que alguén lle roubou a vida e as que foron tantas veces golpeadas cando só buscaban respecto.

E con tantas outras que non podemos nomear, que non habería páxinas no mundo onde plasmar tanta coraxe e tanto valor.

Con todas elas marchamos hoxe e sempre, da man, xuntas, polas nosas rúas que nos observan expectantes por que saben que o futuro é noso.

Grazas infinitas a todas elas.

Comisión da muller do bng.

Ler novas