Solicitamos explicacións polo desbordamento do saneamento

riada
riada

Demandamos explicacións da alcaldesa diante do desbordamento do saneamento en varias zonas do concello.

Solicitamos explicacións polo desbordamento do saneamento

Dende o BNG solicitamos a comparecencia da Sra. María Ramallo para que dea información a veciñanza de Marín da situación do saneamento no noso concello, ao mesmo que nos informou hai uns días da visita ao colector na Avda. de Ourense coa visita da conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez.

A situación na que se atopa o noso concello, é que cada vez que hai treboadas como aconteceu este xoves, fagan saltar os sumidoiros inundando a vía pública de augas pluviais, e o que é mais grave, de augas fecais asolagando as rúas ademais de comercios locais como foi o caso, dos situados na contorna da alameda ou da Banda do Río, que cada vez que hai tormenta os comerciantes sofren o perigo de inundacións nos locais.

Isto non só acontece no casco urbano, en Seixo, padecen o mesmo problema cada vez que chove forte, os sumidoiros desbordan a auga pola estrada creando riadas.

Por todo isto, solicitamos a alcaldesa nos dea conta da situación da rede de saneamento, cando se vai a poñer en marcha o novo colector e se con esta obra se dará por rematados os problemas de inundacións.

Solicitamos explicacións polo desbordamento do saneamento