Imprimir

Propostas do Bloque Nacionalista Galego para a mocidade de Marín

bngmarin.opennemas.com | 28 de marzo de 2019

No BNG vemos con preocupación como a mocidade de Marín manifesta un importante desapego cara o seu concello, consecuencia da falta de oportunidades e alternativas para desenvolver unha vida activa plena. 

Ante esta desalentadora realidade no BNG somos conscientes de que cómpre apostar forte pola mocidade para facer de Marín un lugar atractivo, tanto para a nosa como para que poida vir doutros lugares.

No BNG vemos con preocupación como a mocidade de Marín manifesta un importante desapego cara o seu concello, consecuencia da falta de oportunidades e alternativas para desenvolver unha vida activa plena. As dificultades laborais e as escasas posibilidades de lecer específicas que ofrece Marín provocan que a xuventude busque alternativas noutros concellos.

Desde o Concello non se poñen en marcha iniciativas dirixidas á xente moza; non existe unha programación cultural específica, as actividades musicais son mínimas e as políticas activas para o desenvolvemento laboral non existen. A mocidade non conta, e cando presentan alternativas o goberno municipal é o primeiro en poñer atrancos para levalas adiante.

Ante esta desalentadora realidade no BNG somos conscientes de que cómpre apostar forte pola mocidade para facer de Marín un lugar atractivo, tanto para a nosa como para que poida vir doutros lugares.

A política do BNG neste ámbito estará orientada a fomentar desde o Concello a necesaria participación da mocidade, a colaborar coas iniciativas xuvenís e a promover as manifestacións artísticas dos mozos e mozas. Apoiaremos proxectos emprendedores a través do acompañamento no desenvolvemento dos mesmos desde o inicio, creando espazos gratuítos de coworking, onde convivan diversas culturas profesionais coas que obter sinerxías.

A mocidade debe ser a protagonista. O modelo participativo que defende o BNG está ligado ao criterio de transversalidade na actuación municipal. Entendemos que mozos e mozas deben partillar directamente as súas propostas e os proxectos, non ser espectadores/as ocasionais nin ter parte unicamente en espazos rituais e marcados por un trazo distintivo reducionista. Impulsando a participación activa na política da xente nova favorecemos a autoorganizacion xuvenil.

Para cambiar esta situación o noso programa electoral integrará as seguintes propostas:

  • Promoveremos convenios coas Casas da Cultura das parroquias para a realización de actividades dirixidas á mocidade.
  • Realizaremos campañas de prevención das enfermidades de transmisión sexual, contra a bulimia e anorexia, acoso escolar…
  • Elaboraremos un plan municipal integral sobre drogas
  • Daremos pulo aos puntos wi-fi para o libre acceso da mocidade á rede
  • Desenvolveremos actividades de ocio específicas para a mocidade coa programación das Noites Abertas.
  • Crearemos espazos propios e autoxestionados como a Casa da Mocidade que albergará a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) para orientar en materias de emprego, ensino, lecer, charlas e cursos de formación, etc. Dotada de infraestrutura para a práctica de xogos (futbolín, billar, dardos, pin pon, cartas…), aula de informática e salón de actos.
  • Dotaremos aos grupos musicais dun local de ensaio.
  • Faremos unha programación estábel de actividades musicais, cinema de rúa, etc.
  • Colaboraremos coa mocidade na organización de Festivais de Música.
  • Demandaremos a implantación do noite bus e facilitaremos o traslado da mocidade coa xestión de descontos no transporte público.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/propostas-do-bloque-nacionalista-galego-mocidade-marin/20190328214445003644.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego de Marín