O BNG solicita melloras na Piscina Municipal

Deficiencias Piscina
Deficiencias Piscina Municipal

No Pleno da Corporación Municipal celebrado onte a Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, solicitou que o Concello esixa a reparación dunha serie de deficiencias e a substitución do material en mal estado na Piscina Municipal para que todas as persoas usuarias das instalacións da piscina reciban un servizo digno e gocen dunhas instalacións axeitadas.

O BNG solicita melloras na Piscina Municipal

A pasada semana varias persoas, usuarias da piscina municipal de Marín, fixéronnos chegar unha serie de queixas en relación con deficiencias nas instalacións e no material usado para realizar os diferentes exercicios.

Segundo nos trasladan estas persoas, as averías que se veñen producindo nos últimos meses nas instalacións non se están a arranxar e o material en mal estado non se substitúe, o que está a provocar un importante malestar.

Entre as queixas relacionadas coas instalacións, que acompañaron de varias fotografías, destacan que no vestiario das mulleres os secadores están estropeados e só funciona un e varios grifos das duchas están estropeados.

No que se refire ao material usado para realizar os diferentes exercicios infórmannos de que as esterillas para ximnasia están en moi mal estado ou que unha das dúas pelotas usadas en pilates rompeu e non foi substituida.

Por todo isto, o BNG solicitou no Pleno da Corporación Municipal celebrado onte que o Concello esixa a reparación destas deficiencias e a substitución do material en mal estado para que todas as persoas usuarias das instalacións da piscina reciban un servizo digno e gocen dunhas instalacións axeitadas.

O BNG solicita melloras na Piscina Municipal