ELECCIÓNS XERAIS

Eleccións Xerais: O BNG consolida a tendencia á alza

59168504_1678666275613533_8897420745353723904_n

O BNG experimenta un significativo avance en apoio social no noso concello, consolidando a tendencia á alza especialmente perceptíbel desde as pasadas eleccións galegas.

Malia esta recuperación amosada no noso concello podemos afirmar con claridade que os resultados de Marín non son os resultados agardados polo BNG de Marín.

Eleccións Xerais: O BNG consolida a tendencia á alza

Valoración do BNG de Marín dos resultados das eleccións xerais de 28 de abril

  1. Desde o BNG de Marín queremos manifestar o noso agradecemento a todas e cada unha das persoas que confiaron na nosa organización neste proceso electoral, depositando un voto de esperanza que confirma a recuperación do BNG e nos permite encarar o futuro con máis ilusión e optimismo.

  2. O BNG experimentou onte un incremento do 1,58% na porcentaxe de voto en Marín (do 3,07% ao 4,65%), pasando de 418 a 657 votos, o que representa un aumento do 57,18% do voto. Malia esta recuperación amosada no noso concello podemos afirmar con claridade que os resultados de Marín non son os resultados agardados polo BNG de Marín.

  3. A nivel galego, malia acadar máis do dobre de votos das anteriores eleccións xerais celebradas en xuño de 2016 (de 45.252 a 93.810 votos), o resultado non foi dabondo para conseguir que o BNG volte ter representación no Congreso, polo que tampouco son resultados plenamente satisfactorios.

  4. As eleccións xerais de onte celébranse nun contexto nas que o debate, en clave estatal, xira en torno aos grandes partidos estatais, deixando un escasísimo espazo para que unha organización como o BNG poida transmitir as súas propostas e participar do debate. Especialmente relevante na orientación do voto foron os dous debates televisivos celebrados na última semana entre os representantes do PSOE, PP, Podemos e C´s.

O medo a Vox e á posibilidade da constitución dun goberno das tres dereitas no Estado concentrou o voto nas opcións con maiores posibilidades no ámbito do estado.

  1. A extrema dereita que até o de agora permanecía oculta na bolsa de votantes do PP, agora faise visíbel ao concorrer cunhas siglas propias. En calquera caso, a porcentaxe de voto da extrema dereita en Marín é moi inferior a que presenta no conxunto do Estado (5,94% en Marín fronte o 10,26% do Estado), ainda que superior ao acadado en Galiza (5,27%).

Outro aspecto a salientar é que a suma das 3 dereitas (6810 votos) é inferior ao resultado acadado en 2016 polo PP e C´s (7171 votos), e se lle engadimos que se producíu un 3,5% mais de participación, podemos constatar un claro retroceso das dereitas en Marín.

  1. O vindeiro 26 de maio terán lugar as eleccións municipais e europeas, e por suposto os resultados de onte non son extrapolábeis. Como é ben sabido, cada proceso electoral ten a súa propia dinámica, e nas vindeiras eleccións municipais seguiremos esta tendencia de recuperación, mellorando os resultados acadados nas pasadas eleccións municipais de 2015 nas que acadamos 1.808 votos (15,67%).

Eleccións Xerais: O BNG consolida a tendencia á alza