O goberno municipal non atende as demandas da comunidade educativa fronte a Covid19

119632524_10220712486435232_4270109255397148597_o
119632524_10220712486435232_4270109255397148597_o
O BNG critica o inmobilismo do Goberno Municipal fronte as propostas para mellorar a situación provocada pola COVID19 nos centros de ensino de Marín”
O goberno municipal non atende as demandas da comunidade educativa fronte a Covid19

Dende o BNG manifestamos o noso malestar co goberno municipal de Marín pola negativa mostrada durante estes meses para reforzar as medidas de seguridade fronte á COVID nos colexios públicos.

Entendemos que esta nova situación de alerta sanitaria é difícil de xestionar e pode desbordar, mais levamos dende o mes de marzo, no comezo da pandemia, mostrando un posicionamento construtivo e facendo aportacións para tratar de paliar as consecuencias desta crise, na medida do posíbel.

Non entendemos que o goberno de María Ramallo non tome en consideración absolutamente ningunha das propostas que foron presentadas durante os últimos meses, propostas que foron achegadas por ANPAS, profesorado, sindicatos. Como sabemos, esta situación está afectando a todos os concellos con gobernos de diferentes cores, que deciden reforzar a seguridade sanitaria aplicando medidas ademais das xa establecidas tanto polo goberno da Xunta como do Goberno Estatal.

Dende a comunidade educativa, presentáronse diferentes solicitudes ao goberno municipal como o reforzo de limpeza dos Centros Educativos, reforzo de conserxería, que o concello fose o encargado de dotar aos centros públicos de Plan Madruga e comedor escolar, que dende o Concello se instara a Consellería de Sanidade para dotar de persoal de enfermería aos centros educativos, instar para que dende a Consellería de Educación se contratara mais persoal ou incluso que se trasladara o rexeitamento ao protocolo que se está aplicando.

Son unha boa mostra das múltiples propostas nestes meses para aplicar, xa que o protocolo da Xunta de Galiza foi mais que cuestionado por toda a comunidade educativa, que a día de hoxe non ofrece un ensino seguro e de calidade.

O goberno de María Ramallo limitouse unicamente a aplicar as medidas sanitarias que xa son de obrigado cumprimento e veñen ditaminadas pola Xunta de Galiza, polo que se negaron a aplicar ningunha actuación a maiores, pese a situación de novas restricións na que se atopa o noso concello dende o hai uns días de contaxios elevados pola COVID.

O goberno municipal non atende as demandas da comunidade educativa fronte a Covid19