Encontro coa candidata Montse Prado

CentroSaude
CentroSaude

Este martes 30 de xuño a candidata ao Parlamento Galego Montse Prado estivo no Centro de Saúde de Marín para explicar as propostas en materia sanitaria do programa electoral do BNG, acompañada da portavoz municipal do BNG de Marín Lucia Santos e de Pedro Cortegoso candidato ao Parlamento Galego.

A crise da COVID19 demostrou que foi a sanidade pública a grande defensa fronte á pandemia mais tamén deixou en evidencia as nefastas e dramáticas consecuencias dos recortes e as privatizacións aplicadas polo Partido Popular durante a última década.

Na sanidade pública galega a Atención Primaria padeceu con maior intensidade as consecuencias dos recortes, provocando a masificación das consultas, saturación de cotas médicas, retallada de persoal, incremento das listas de agarda, etc. Especial incidencia ten a falta de pediatras e o traslado dos pacientes pediátricos a centros distintos aos deles.

Marín non foi alleo a esta situación e tivemos que padecer o incremento das listas de agarda cando non substitúen ao persoal médico nas citas en atención primaria, e esperar meses para ter unha cita de medicina especializada. Estivemos desamparados sen unha necesaria ambulancia ás 24 horas, e sen cubrir a totalidade do catálogo de servizos do centro de saúde.

Encontro coa candidata Montse Prado
Encontro coa candidata Montse Prado