Curso de iniciación á pandeireta

IMG-20200213-WA0002 (1)
Curso de iniciación á pandeireta

O BNG de Marín vai organizar un curso de iniciación á pandeireta galega dirixido a calquera persoa interesada en aprender a tocar este instrumento, e a desfrutar do noso amplo repertorio de cancións tradicionais.

A pandeireta é un instrumento fundamental na música tradicional galega, foi e é peza imprescindíbel nos seráns, foliadas e polavilas que se facían nas aldeas galegas para socializar e pasalo ben.

Neste curso pretendemos que os e as participantes aprendan os movementos básicos para tocar a pandeireta, o toque de muiñeira, xota, así como o canto de cancións tradicionais.

Este curso dará inicio o venres 28 de febreiro en horario de 18h a 19h30, no local do BNG de Marín na Praza da Veiguiña nº7. As persoas interesadas poden inscribirse ou recibir mais información no teléfono 610084564 ou no correo electrónico [email protected].

Curso de iniciación á pandeireta