Imprimir

Charla pola Sanidade Pública

bngmarin.opennemas.com | 29 de Xaneiro de 2018

Charla Sanidade
Charla Sanidade

Este xoves día 1 de febreiro ás 20:30h. o BNG de Marín organiza unha charla na que falaremos da Sanidade Pública. Será na Biblioteca Municipal.

Será na Biblioteca Municipal e nela contaremos coa presenza de Montse Prado (deputada do BNG no Parlamento), Mª Xosé Abuín (Secretaria Xeral da CIG-Saúde) e Celso Milleiro (BNG de Marín e traballador da Sanidade Pública).

Neste acto trataremos a situación da Sanidade Pública de Marín, do Centro de Saúde e das súas carencias e deficiencias, da promesa incumprida do servizo de Radioloxía, da ambulancia 24 horas..., mais tamén abordaremos os recortes que en materia de Sanidade levou a cabo o goberno do PP nos últimos anos e da nova Lei de Saúde, que consolida os recortes e a privatización da Sanidade Pública.

Asimesmo explicaremos os pasos dados polo BNG a prol dunha Sanidade Pública de Calidade, tanto a nivel local como nacional, e as actuacións que a nosa organización está a levar a cabo para tratar de frear estas políticas do PP que só pretenden o desmantelamento progresivo da Sanidade Pública. 

Dada a importancia do tema a tratar, pois a Sanidade Pública é un asunto que nos afecta a todos e a todas, queremos convidar á veciñanza de Marín a que asista a este acto, que escoite o posicionamento do BNG nesta materia, mais tamén a que participe do coloquio e nos traslade as súas opinións e inquedanzas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/charla-pola-sanidade-publica/20180129104357003473.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Marín