O BNG traslada ao pleno a iniciativa da CIG por unha tarifa eléctrica galega

O BNG traslada ao pleno a iniciativa da CIG por unha tarifa eléctrica galega

webEsta mañá o  Secretario Comarcal da Confederación Intersindical Galgega na comarca de Pontevedra e o grupo municipal do BNG presentaron esta mañá en rolda de prensa  unha campaña a prol da tarifa eléctrica galega.

A portavoz do BNG-AA de Marín, Pilar Blanco, explicou que o dereito a decidir sobre os nosos recursos é unha cuestión esencial para o nacionalismo: “ Galicia mantén a factura eléctrica máis cara da Unión Europea cando producimos entre un 30 e un 40% máis do que consumimos, todo o demais exportámolo, ou mais ben regalámolo porque por riba de non recibir nada a cambio pagamos a factura máis cara”.

“É máis, as leis impostas polo Estado obrigan  aos consumidores e consumidoras ao pago dun suplemento pola xeración e transporte da enerxía eléctrica que Galiz exporta”, engadiu a portavoz do BNG.

O represetante sindical, Marcos Conde, aprofundou no contido da inciativa que leva a cabo a CIG: “ Conseguir unha tarifa eléctrica galega contribuiría a paliar o maior problema do noso país: a falta de emprego”.

“Nos últimos dous anos o recibo da luz duplicouse ao tempo que os salarios descendenron vertixinosamente e hoxe en día para a maioría dos traballadores(as) chegar aos 1000€ supón unha quimera”, afirmou.

“Na Galiza hai 100.000 persoas en situación de pobreza enerxética, é dicir, dos ingresos que perciben destinan un 10% a pagar a factura da enerxía e o que lle queda non lle dá para vivir”.

“A liberalización das industrias enerxéticas, lonxe de ser beneficiosa, serviu para que cobren o mesmo e que máis dun 40% do que nos cobran sexan impostos e peaxes”

“Galiza exporta un 40% do que produce, é dicir, sóbranos enerxía, porque entón non se evita a pobreza enerxética e non implantamos unha tarifa eléctrica galega para conseguir que as nosas empresas sexan máis competitiva e xeren máis emprego?, pregúntase o secretario da CIG na comarca de Pontevedra.

Iso precisamente é o que se solicitara no Pleno da Corporación de Marín a través da moción presentada polo sindicato nacionalista e do BNG que ven de recoller a proposta para que sexa debatida o vindeiro mes de outubro.

A CIG xa tramitou no Parlamento Galego unha Proposición de Lei, pero o máis importante “é dar o debate na sociedade”, por iso tamén solicitarán poder intervir no pleno e na comisión informativa e, conxuntamente co BNG celebrarán charlas e debates por todo o páis e tamén en Marín.

“Mais importante que acadar as 10.000 sinaturas para que se tramite a Proposición de Lei é que os galegos e galegas saiban que teñen dereito a decidir a que se destina a enerxía que producimos e a que repercuta na creació de emprego e no benestar social”, finalizaou Marcos Conde.

 Marín, setembro de 2015

O BNG traslada ao pleno a iniciativa da CIG por unha tarifa eléctrica galega