O BNG solicita papeleiras na contorna do CEIP de Seixo

41917847_239929346684921_7870496100694622208_n
CEIP de Seixo

Seixo non destaca polo número de papeleiras, mais a ausencia nesta zona non semella moi oportuna. É a segunda vez que o BNG presenta esta solicitude no Pleno da Corporación.

O BNG solicita papeleiras na contorna do CEIP de Seixo
O BNG trasladou no pasado Pleno, celebrado o mércores 12 de setembro, unha solicitude da veciñanza de Seixo que pide a colocación de papeleiras nas inmediacións do colexio de Seixo. Ademais da escola, nesta zona tamén se atopa a Escola Infantil e o Centro de Saúde, e non hai ningunha papeleira en toda a contorna.
 
O certo é que Seixo non destaca polo número de papeleiras, mais a ausencia nesta zona non semella moi oportuna. É a segunda vez que o BNG presenta esta solicitude no Pleno da Corporación, que xa foi presentada meses atrás. O goberno municipal tomou nota, comprometeuse a estudalo e a levar adiante esta proposta.
O BNG solicita papeleiras na contorna do CEIP de Seixo