O BNG de Marín en contra do peche da oficina de Abanca en Seixo

62559931_1719680294845464_1132293450994024448_n

Lucía Santos manifesta o malestar e desacordo absoluto do BNG de Marín coa decisión do peche “ temporal” da oficina de ABANCA en Seixo

O BNG de Marín en contra do peche da oficina de Abanca en Seixo

A sucursal leva pechada 15 días, agravando os problemas dos comerciantes da zona ante a nova situación do covid 19.

Seixo é o segundo núcleo en poboación e comercios do concello de Marín, os seus comerciantes e veciños vense obrigados a desprazarse os que teñan esa sorte nos seus vehículos, senón en taxi ou pedindo favores ós máis achegados. Xa que non todo o mundo dispón na casa dos cartos necesarios para ir a praza ou supermercado, e que dicir dos que teñen negocios, xa que precisan realizar ingresos, pagos, cotas e demais operacións. Polo que é ilóxico que estando en estado de alarma e tendo todo o lado da casa teñan que facer malabares para acceder os seus cartos, para poder sobrevivir,

Os donos de ABANCA e seu compadre, o Telepresidente da Xunta o señor Feijóo, pouco lles importa os veciños e veciñas de Seixo, xa que as súas pensións e nóminas pagámolas tódolos galegos e galegas.

Queda claro que só o pobo salva o pobo, precisamos máis comercio local, máis protestar polas inxustizas e máis apoio entre nós, xa que a loita é de todos e todas.

O BNG de Marín en contra do peche da oficina de Abanca en Seixo