O BNG de Marín convoca unha concentración o próximo xoves 15 por unha atención sanitaria presencial

050
50

O BNG de Marín convoca unha concentración o próximo xoves 15 de outubro, ás 11:30, diante do centro de saúde de Marín.

O BNG de Marín convoca unha concentración o próximo xoves 15 por unha atención sanitaria presencial

O BNG de Marín convoca unha concentración para demandar a atención presencial na asistencia sanitaria. Queremos desconfinar a sanidade pública e reactivar a atención presencial.

Na pandemia do COVID-19, a Xunta tomou a decisión de reducir drasticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, algúns centros de saúde e PACs, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións cirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o SERGAS foi apostar preferentemente pola consulta telefónica.

As consecuencias son desastrosas: escasísimos profesionais que están ao límite,cun esgotamento físico e mental insoportábel, listaxes de espera de semanas (mesmo para consultas telefónicas) doentes crónicos indefensos (persoas hipertensas, diabéticas, con cardiopatías, problemas renais, controis de saúde de pediatría con moitas demoras), ou colas á intemperie para acceder aos centros.

Esta situación provoca que cada vez máis persoas estean acudindo á sanidade privada, con todo o que implica na desprotección da poboación con menos recursos, e que pode levarnos a un problema de saúde colectiva, de cronificación de patoloxías, e de atención tardía. Impidámolo.

Dende o BNG defendemos:

  • Realizar de inmediato todas as accións precisas para activar unha Atención Primaria presencial e rematar coas listaxes de espera neste nivel asistencial, para garantir unha atención sanitaria digna á poboación.

  • Incrementar nos centros de saúde @s profesionais que sexa preciso para aumentar o tempo e a calidade da atención, así como para formar equipos de atención integral: psicólog@s clínic@s, terapeutas ocupacionais, logopedas, podólog@s...

  • Aumentar os orzamentos destinados a Atención Primaria até chegar ao 25%. No inmediato, 200 millóns de euros.

  • Publicar de inmediato a situación das listaxes de espera hospitalarias e pór en marcha un plan de choque para reducilas.


 

Marín, 12 de outubro de 2020.

O BNG de Marín convoca unha concentración o próximo xoves 15 por unha atención sanitaria presencial