Imprimir

O BNG insta ao Concello a habilitar unha oficina de atención aos prexudicados polo corte de enerxia

BNG de Marín | 30 de marzo de 2016

 

foto F. de V

1.- Instamos ao Goberno Local ha crear unha oficina para a tramitación de todas as reclamacións de particulares ante Gas Natural polos danos producidos pola falta de subministro durante a xornada do día 28 de marzo.

 

2.- Dado o alto número de afectados, o Concello de Marín solicitará da Xunta que desprace persoal  do  Instituto Galego de Consumo  para atender e asesorar esas reclamacións.

 

3.- O Concello facilitará todos os medios posibles para o axeitado funcionamento deste punto de información e asesoramento que será totalmente gratuíto.

 

4.- Todos os veciños e veciñas Terán a posibilidade de informarse e tramitar as súas reclamación a través deste servizo. A oficina tramitará as reclamacións e encargárase ademais de escanear a documentación e facturas que aporte cada afectado, preparando o expediente de reclamación.

 

5.- A delegada de Comercio, coordinará persoalmente este servizo.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/destacadas/bng-insta-ao-concello-habilitar-oficina-atencion-aos-prexudicados-polo-corte-enerxia/20160330102242002520.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego de Marín