Imprimir

O BNG Informa - O BNG Escoita

bngmarin.opennemas.com | 22 de Xaneiro de 2018

No BNG de Marín escoitamos as demandas e preocupacións da veciñanza do noso Concello e informamos dos asuntos que levamos a Pleno para mellorar a vida dos e das marinenses.

Rogos e Preguntas presentadas polo Grupo Municipal do BNG no Pleno da Corporación Municipal celebrado o pasado día 10 de xaneiro:

- Empresa concesionaria do lixo: Pregúntase se se abriu expediente á empresa concesionaria do lixo pola limpeza dos contedores en lugares non axeitados.
- Eucaliptos paseo de Portocelo: Solicítase a tala duns eucaliptos que poñen en risco a seguridade dos e das viandantes.

- Andamios na rúa Jaime Janer: Pregúntase cando se van retirar, pois levan moito tempo ocupando espazo público.

- Polígono das monxas: Pregúntase como van os trámites de apertura de novas rúas na zona.

- Facturas teléfono: Pregúntase polo motivo da última e elevada factura de teléfono do Concello.

- Marquesina Esperela: Solicítase cambio de cristal roto nesta marquesina de Santomé.

- Radioloxía: Reitérase a pregunta, e demándase resposta por escrito, das xestións feitas polo Concello para a dotación do Servizo de Radioloxía no Centro de Saúde.

 

Se tes calquera tipo de solicitude, rogo, pregunta, reclamación ou queixa non dubides en poñerte en contacto co BNG de Marín. Daremos traslado ao Pleno da Corporacion Municipal das túas demandas.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/bng-informa-bng-escoita/20180122214809003469.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Marín