Imprimir

O BNG denuncia pingueiras no Centro de Saúde

bngmarin.opennemas.com | 18 de Xaneiro de 2018

O BNG presenta no rexistro do Concello de Marín un escrito informando da existencia de pingueiras no Centro de Saúde de Marín e solicitando a actuación do goberno municipal para a súa solución.

O BNG de Marín EXPÓN

1. Que ten coñecemento de arranxos realizados no novo Centro de Saúde de Marín.

2. Que entre elas se atopa o arranxo dunha pingueira no corredor de acceso interno das Consultas de Atención Primaria ao Punto de Atención Continuada (PAC).

3. Que pese aos arranxos, volveron reproducirse pingueiras durante estes días de chuva.

Por todo isto,

SOLICITA

1. Que o Concello de Marín pregunte á Consellaría de Sanidade sobre os problemas detectados no novo edificio.

2. Que o Concello de Marín exixa unha urxente reparación destas deficiencias.

3. Que no vindeiro Pleno Municipal vai preguntar por esta circunstancia polo que considera que o Concello debe estar enterado e debe dar unha explicación sobre a situación.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sen-categorizar/bng-denuncia-pingueiras/20180118134538003468.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego de Marín